RESEÑA DA CONFERENCIA DE ANA CABANA SOBRE “A MULLER RURAL NA ÉPOCA FRANQUISTA”, CON SABELA FIGUEIRA, VICEPRESIDENTA DO IESCHA, 24-05-2024, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA (GALERÍA DE FOTOS E VIDEO)

RESEÑA.-

Ana Cabana falounos onte da muller rural na época franquista. Do interese do réxime por promover, dende a sección feminina da Falanxe, a imaxe da muller como ‘anxo do fogar’, ou das actitudes de non adhesión esquecidas pola memoria colectiva, das mulleres do rural como soporte da guerrilla ou do papel das mulleres na protesta social aberta, entre outros moitos e interesantes aspectos que debuxan unha época e marcan a historia contemporánea.

GALERÍA DE FOTOS

Artigo anterior

O venres 24 de maio de 2024 ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, organiza a conferencia “A MULLER RURAL NA ÉPOCA DO FRANQUISMO”, que será impartida por ANA CABANA IGLESIA, profesora da USC e escritora. 

Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha.

ANA CABANA IGLESIA (Castro de Rei, Lugo) é Profesora Titular do Departamento de Historia. Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (Premio Extraordinario de Doutoramento, 2006). Docente da área de Historia Contemporánea no Campus de Lugo da USC desde 2003. Membro do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) e do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC. 

Realizou estadías en diversos centros de investigación como a Universidade Nova de Lisboa, o Cañada Blanch Centre for Contemporary Spanish Studies (London School of Economics and Political Science (Londres), a Universidade Autónoma de Madrid e a Universidade Pablo de Olavide de Sevilla.

As súas liñas de investigación prioritarias son o estudo das actitudes sociais durante a ditadura franquista, a análise da conflitividade rural durante o franquismo e a transición á democracia e a historia das mulleres e do xénero aplicada á sociedade rural do século XX.

Autora das monografías Pedro Murias. Tabaqueiro na Habana, indiano na Devesa (Xunta de Galicia, 2001), Xente de Orde. O consentemento cara o franquismo en Galicia (3C3 Ed., 2009), La derrota de lo épico (Prensas da Universitat de Valencia, 2013) y “Haberlas, haylas”. Las campesinas en la historia de España del siglo XX (Marcial Pons, 2021 en coautoría con Teresa Ortega López). Entre sus publicaciones más recientes cabe citar: Cabana Iglesia, A. (2021): “Ciento cincuenta mujeres y ningún hombre”. Mujeres y protesta en el campo gallego durante el franquismo”, Historia Social, 99; Cabana Iglesia, A., Díaz Geada, A. E Otero-González, U. (2022): “Pensar las mujeres rurales «ser campesina» para la dictadura franquista”, en Studia Histórica, 40; Cabana Iglesia, A. (2023): “Rosa Mª Capel Martínez y Gloria Nielfa Cristóbal: perfiles de historiadoras, genealogía para una disciplina”, Historia Social, 105; Cabana Iglesia, A. e Freire Paz, E. (2023): “Fabular la abundancia y desmemoriar el hambre. Relatos para los tiempos sin pan en Galicia”, en Conde-Caballero, D., Rivero Jiménez, B. e Mariano Juárez, L. (eds.), Vidas sin pan. El hambre en la memoria de la posguerra española, Comares, pp. 41-60.; Cabana Iglesia, A.; Freire Paz. E.; López Fernández, T. (2023): “From peasant to housewife. Feminine roles and agriculturaltraining in Franco’s Spain”, History and Anthropology, 34. (recollido de https://histagra.usc.es/gl/persoas/9/ana-cabana-iglesia)

VIDEO RESUME >>>>> https://www.facebook.com/watch/?v=7695389200549418

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad