CONFERENCIA DE CARLOS MÉIXOME: “UNHA CATA NA NOVA LEI DE MEMORIA DEMOCRÁTICA” CASA DA CULTURA DE VILALBA (VIDEO-RESUME)

UNHA CATA NA NOVA LEI DE MEMORIA DEMOCRÁTICA

Conferencia de CARLOS MÉIXOME 

A memoría histórica, a memoria democrática, diferencia entre memoria e historia, a condena do rexime franquista, a lei de amnistía, ilexitimidade, ilegalidade, relato franquista, Manuel Fraga, 25 anos de paz, Spain is different, persecución, vítimas, dolor das vítimas… foron algunhas das verbas e dos conceptos esgrimidos por Carlos Méixome na interesante conferencia que pronunciou na tarde noite deste venres, na Casa da Cultura vilalbesa (agardemos que máis pronto que tarde Casa da Cultura Manuel María) nun acto organizado polo IESCHA, coa presentación de Marisa Barreiro. 

Todo o anterior salpicado con anécdotas significativas da temática tratada por parte do conferenciante, e un participativo debate posterior.

Parabéns do IESCHA a Carlos Méixome por brindarnos a oportunidade de coñecer o seu punto de vista desta importantísima temática, quedamos moi agradecidos pola súa boa disposición para intervir no acto. Agradecemento tamén para o público presente no mesmo pola súa asistencia e pola participación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad