Na tarde-noite deste venres, na Casa da Cultura de Vilalba, o Iescha, en colaboración co Concello de Vilalba, e dentro do ciclo MULLERES GALEGAS, organizou a conferencia de LUZ DARRIBA “Para reter a auga. Conversa ao redor de María Casares”.
O acto resultou enriquecedor en moitos sentidos:
Primeiro, coa presentación da conferenciante por parte de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, quen, entre outros aspectos, fixo fincapé no seu grande e prolífico traballo, levado a cabo dende hai tempo e en moitos países.
A continuación, coa intervención de Luz Darriba, detallada e interesante, abordando diversos aspectos da vida de María Casares, en Galicia, en Madrid, no exilio… os seus avatares, así como a súa traxectoria no teatro e no cine, dando unha visión dos retos e obstáculos aos que se enfrontou, así como das oportunidades e logros que obtivo na súa carreira artística. A conferencia estivo apoiada por unha presentación de distintas imaxes da vida familiar e profesional de María Casares.
Dende o Iescha, agradecemos a participación de Luz Darriba neste ciclo de conferencias e agradamos poder contar con ela en futuras actividades.
Agradecemento que facemos extensivo ao público asistente.