
O Instituto de Estudos Chairegos organiza o venres 10 de marzo de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a CONFERENCIA “A cousificación e mercantilización do corpo das mulleres. Revisión das cantigas de tradición oral”, impartida por VANESA SISO. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha.
Esta será a segunda conferencia correspondente ao ciclo MULLERES GALEGAS, programado polo IESCHA para levar a cabo durante todo este ano 2023. A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de GERMÁN CASTRO que nos falou da científica galega ÁNGELES ALVARIÑO.
VANESA RUT SISO CALVO
Xornalista especializada en comunicación política e social, técnica de igualdade.
Entre a súa importante e variada actividade destacaremos:
Ponencia en xornadas sobre a igualdade:
2019– Teoría feminista, UNED
2018-2019– Participación tertulias radiofónicas igualdade, Foro Feminista Maruxa Mallo de Lugo.
2015– Mocidade e feminismo, Observatorio de Igualdade de A Coruña.
Comunicación/ Prensa
2013– Prácticas do Grao en Xornalismo: La Voz de Galicia
2015– Prácticas do Máster en Comunicación política e social: Deputación de Lugo
2016-2018– Redactora Crónicas da Comarca
Redacción de noticias, reportaxes, crónicas, especiais, entrevistas
2020-2021– Gabinete Comunicación Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Comunicación institucional
2021-2022– Servizo Comunicación Concello de Burela
Comunicación institucional
AFICIÓNS / TEMAS DE INTERESE
• Impartición música tradicional en asociacións
• Voluntariado Community Manager (ACASC)
• Voluntariado con mulleres musulmanas (YMCA)
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO