CONFERENCIA “O PATRIMONIO INVISIBLE”, CARLOS HENRIQUE FERNÁNDEZ COTO, PRESIDENTE DE APATRIGAL. VENRES 31 DE MAIO, ÁS 20:30 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

O IESCHA organiza a conferencia O PATRIMONIO  INVISIBLE, impartida por CARLOS HENRIQUE FERNÁNDEZ COTO, presidente de APATRIGAL, que terá lugar o venres 31 de maio de 2024, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.

Entrada libre ata completar aforo.

CARLOS HENRIQUE FERNÁNDEZ COTO (A Estrada, 1960) é un arquitecto galego especializado en patrimonio cultural, rehabilitación e rexeneración urbana.

Traxectoria
Carlos H. Fernández Coto é arquitecto pola Universidade de Santiago de Compostela desde 1988 e doutor en arquitectura, especializado en urbanismo e restauración arquitectónica pola Universidade da Coruña. Entre outras formacións especializadas, realizou un máster en restauración arquitectónica e o título formación de axente da propiedade inmobiliaria.

Exerceu como arquitecto municipal de A Pobra do Caramiñal e desde 2022 é director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo.

Fernández Coto promove a difusión e protección do patrimonio cultural, arquitectónico, urbano e inmaterial de Galicia desde diferentes foros e actividades. 

Desde 1988 traballa como arquitecto no seu despacho profesional e en ALFORO, estudio do que é socio cofundador e director executivo. Fernández Coto realizou obras en España e Portugal, entre outras, diversos edificios para empresas como Caramelo, Sondeos del Norte ou Euroográficos, a pasarela peonil da Cidade da Cultura de Galicia, o pavillón da candidatura do Patrimonio da Torre de Hércules. 

Traxectoria profesional como arquitecto
Unha vez rematada a carreira, en 1988 abriu o seu primeiro despacho de arquitectura en Perillo-Oleiros, que mantivo durante 10 anos e ampliou a Betanzos.

En 2012 cofundou a empresa ALFORO, que ademais de arquitectura e rehabilitación, realiza taxacións de todo tipo de bens mobles e inmobles, así como informes periciais en catorce especialidades.

Deseñou edificios en España e Portugal, principalmente edificios corporativos para empresas e vivendas unifamiliares, tanto en Galicia como Cantabria, País Vasco e Madrid.

– Presidente da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL) dende 2016.
– Presidente da Rede Internacional de Hórreos Tradicionais Elevados (HORREA) desde 2023.
– Coa escritora Helena Villar Janeiro iniciou a petición ao presidente da Xunta para que as obras de arte das Caixas de Galicia fosen declaradas Bens de Interese Cultural-BIC).
– Columnista especializado no xornal La Voz de Galicia (Sección de Ouro).

Recoñecementos e premios
-Premio Terza na Bienal de Venecia pola restauración do centro histórico de Padua.
-Premio á urbanización das Burgas de Orense, realizado en colaboración con Xosé Manuel Casabella.
-Medalla de ouro europea 2019 ao mérito ao traballo.
-Premio de Xornalismo Manuel Reimóndez Portela. (Fonte wikipedia)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad