O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa programación cultural prevista para este ano 2021, organiza o venres 16 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, unha conferencia a cargo de MARCOS SAAVEDRA, responsábel da Biblioteca Municipal de Vilalba.
Presentará ao conferenciante a presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro.
Este acto estaba previsto para o mes de maio do pasado ano, coincidindo co Día das Letras Galegas 2020 e dedicado ao autor ferrolán, pero, debido ás restricións sanitarias derivadas da pandemia, tivo que ser adiado.