Neste tardiña de xoves, cando se cumplen dezaoito anos do pasamento de Manuel María, o Iescha organizou unha ofrenda e un recitado popular ao pé da súa escultura, nun acto sinxelo pero cheo de sentimento, para seguir poñendo en valor os méritos do gran poeta chairego e seguir reivindicando a súa figura así como a denominación “CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA. É de xustiza.
Dende o Iescha, agradecemos a asistencia a todas as persoas presentes no acto, algunhas delas recitando poemas do poeta, e de xeito especial ao grupo Buxos Verdes que non tivo ningún incoveniente en acompañarnos musicalmente coa canción O CARRO.
Este venres, ás 20:30, no Auditorio Municipal, terá lugar a segunda xornada da CULTURA CHAIREGA, coa entrega da placa de Socio de Honra do Iescha a DARÍO XOHÁN CABANA, e o concerto de CRIS ROMÁN.
Agardámosvos!!!