DEBATE ELECTORAL-MUNICIPAIS’2023-ENTRE CABEZAS DE LISTA DAS CATRO CANDIDATURAS-CONCELLO DE VILALBA CASA DA CULTURA-19-05-2023-20:30

 O Instituto de Estudos Chairegos “Pena do Encanto”, como xa fixera noutras ocasións similares, incluíu na programación do presente ano 2023 a realización dun debate entre cabezas de lista das candidaturas presentadas no Concello de Vilalba ás eleccións municipais do domingo 28 de maio.

Con este motivo, o IESCHA organiza dito debate que se celebrará o venres 19 de maio, a partir das 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.

Estará moderado polo xornalista vilalbés BARUK DOMÍNGUEZ, e nel participarán as candidatas e os candidatos á alcaldía de Vilalba das catro formacións políticas que se presentan:

ELBA VELEIRO, polo PSOE 
SANDRA VÁZQUEZ, polo PP
MODESTO RENDA, por VA
TINO ALVITE, polo BNG

O debate estruturase en tres temas principais:

1.- SERVIZOS PÚBLICOS
2.- MODELO DE VILA E DE CONCELLO
3.- O DÍA DESPOIS

con presentación, intervencións sobre cada tema, réplicas e contrarréplicas sucesivas dos participantes e minuto de ouro final.

O IESCHA convida a todos os veciños e veciñas do concello de Vilalba, e ao público en xeral, a asistir ao mencionado acto, para que poidan coñecer directamente por boca das candidatas e dos candidatos os correspondentes programas electorais e dispoñer deste xeito dunha información o máis completa posible á hora de exercer o dereito ao voto.

Como en debates anteriores, este será retransmitido tamén vía streaming.

No acto contarase co servizo de intérprete de lingua de signos (ASORLU).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad