DEBATES NECESARIOS: TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) continuando coa súa programación anual, organiza para os días 20 e 27 de maio de 2022 senllos actos que terán como temática común O RURAL.

Baixo o título de “TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?”, levaranse a cabo dúas CONFERENCIAS nas seguinte datas:

O venres 20 de maio de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a conferencia a cargo de ANTONIO OCA FERNÁNDEZ, ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA. Presentará o acto XOÁN CARRETERO LÓPEZ.

O venres 27 de maio de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a conferencia a cargo de JOSÉ MOURIÑO CUBA, ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA e LICENCIADO EN CIENCIAS BIOLOXICAS. Presentará o acto ALFONSO BAAMONDE FERNÁNDEZ.

Estas actividades enmárcanse na denominación xenérica de DEBATES NECESARIOS, que deron comezo xa o pasado ano coa temática do PXOM, e con eles o Iescha pretende ofrecer a maior información posible sobre asuntos de interese.A entrada e libre ata cubrir o aforo estipulado, téndose en conta sempre as medidas sanitarias estipuladas en cada momento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad