EVA Mª MEJUTO RIAL É A GAÑADORA DO VIII PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE POLO SEU LIBRO “ONDE CABEN CATRO”

Eva Mª Mejuto Rial resultou gañadora do VIII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil xuvenil pola Igualdade segundo acordou onte o Xurado do VIII Premiona na súa reunión de onte sábado, 26 de outubro.

Eva Mejuto

Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975) estudou Xornalismo na USC e traballou no sector editorial infantil desde 1998 ata 2016, primeiro en Kalandraka e despois en OQO. Actualmente forma parte do proxecto Capicúa de xestión cultural. Foi docente durante dez anos no máster «Libro ilustrado e animación audiovisual» da Universidade de Vigo e fixo a súa tese de doutoramento sobre o realismo social no álbum ilustrado. É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais para formato álbum ilustrado, traducidas a máis de dez idiomas. En Xerais ten publicadas as novelas ”22 segundos” (2017), ”Memoria do silencio” (2019), ”A ladroa da biblioteca de Meirás” (2022), coas cales quedou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, así como a novela infantil O día que choveron gatos (2023) (obra finalista do Premio Merlín en 2022) e o álbum ilustrado por Víctor Rivas ”Dez gatiñas viaxeiras” (2019). Xunto á ilustradora Bea Gregores publicou os álbums ”A lavandeira de San Simón” (Xerais, 2020) e ”Cando leo” (Xerais, 2022). En 2025 publicou, xunto con Lucía Cobo, o álbum “Sei cantar e sei bailar”. (https://www.xerais.gal/autor/eva-mejuto/)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad