
- Este evento pasou.
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “A CIDADE DA SELVA. FUXIDOS E GUERRILLEIROS NOS MONTES DE CASIAO” DE MIGUEL RIAÑO ROA-VENRES 2 DE XUÑO, 20:00H., AUDITORIO MUNICIPAL
Xuño 2 @ 20:00 - 21:30

O venres 2 de xuño de 2023, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, oInstituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza unha nova actividade cinematográfica coa proxección do documental A CIDADE DA SELVA, FUXIDOS E GUERRILLEIROS NOS MONTES DE CASAIO, do director MIGUEL RIAÑO ROA, que estará presente no acto para coloquio. Reserva de entrada (gratuíta) na páxina https://entradasvilalba.es e,. Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio.
SINOPSE Ciudad de la Selva conta a historia dos fuxidos do réxime franquista en torno á poboación galega de Casaio. Nestes montes exponse unha resistencia activa contra o fascismo grazas ao apoio de membros das comunidades locais, mentres son perseguidos polas forzas da Garda Civil. En Ciudad de la Selva exponse, a través dunha análise historiográfica, arqueolóxica e testemuños de prota-gonistas dos feitos, o estudo das causas que levaron a crear este enclave de resistencia, de igual modo que os medios dos que se valían para subsistir, como afectaban os seus actos aos civís da localidade ou o papel da muller dentro da guerrilla.
FICHA TÉCNICA • Título: Ciudad de la Selva; Fuxidos e Guerrilleiros nos montes de Casaio • Ano: 2022 • País: España
• Xénero: Documental | Posguerra Española • Duración: 67 minutos • Formato da metraxe: 2:35:1 • Idioma/s: Español e galego, con subtituloción en galego, español e inglés. • Produtora: Metropolis.coop • Produción Executiva: Carlos Tejerizo • Dirección: Miguel Riaño Roa • Produción: Miguel Riaño Roa • Guión: Ángel Holgado • Banda Sonora: Isabel Fernández Reviriego