Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “O ÚLTIMO DE ARGANEO”, DE DAVID VÁZQUEZ. XOVES 29 DE XUÑO DE 2023, ÁS 20:30 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

Xuño 29 @ 20:30 - 21:30

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), con apoio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza a proxección do documental O ÚLTIMO DE ARGANEO, de DAVID VÁZQUEZ, e terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba, o XOVES 29 DE XUÑO DE 2023, ás 20:30 horas. Contaremos coa presenza do seu director, David Vázquez.

SINOPSE
Despois de levar a vida de estudante en Ponferrada, Edilberto Rodríguez, de 24 anos, decide volver ao monte e dedicarse a pastorear un rabaño de cabras. Co recordo dos seus avós moi presente, “O último de Arganeo” recolle a historia de Edilberto, un mozo pastor orgulloso da herdanza dos seus antepasados, e que reivindica as tradicións de lugares deshabitados e as lembranzas dunha forma de vida ao borde da extinción.

DAVID VÁZQUEZ
Técnico de son en CEV (Madrid), ‘Dirección de Cine, Vídeo e Televisión’ en FUNIBER (Barcelona), traballou en son directo, en CTV para TVG 3 anos como técnico de son e cámara.
En 1998 foi un dos fundadores de Chantada Comunicación, unha das primeiras tv locais de Galicia, cámara da serie “Cabodomundo” a primeira serie de ficción gravada por unha televisión local (Televinte Chantada). Na actualidad é freeelance audiovisual como Pinancho Audiovisuais. (
https://aguilarfilmfestival.es)

FILMOGRAFÍA:
Empantanados (2006).   As almas do Fental (2009). Asolagados (2013). O Moredo “A resistencia  do Entroido Ribeirao” (2016). Narote (2019). A Rosa incandescente (2022).

FICHA TÉCNICA
Compañía de producción: Pinancho Audiovisuais
Dirección: David Vázquez
Guión: David Vázquez, Lorena Gallardo
Fotografía: Humbero Novoa y David Vázquez
Montaje: David Vázquez
Sonido: Humberto Novoa
Música: Edilberto Rodríguez
Distribución: Pinancho Audiovisuais
Duración: 30 min
Ano: 2022

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

Detalles

Data:
Xuño 29
Hora:
20:30 - 21:30

Recinto

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad