Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

COÑECE A TÚA PROVINCIA. RUTA 10: SOBER. PROGRAMA CONVOCADO POLA DEPUTACIÓN DE LUGO. MARTES 24 DE OUTUBRO DE 2023. SAÍDA ÁS 9:00 HORAS DA CASA DA CULTURA DE VILALBA

Outubro 24 @ 09:00 - 20:00

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) foi admitido para participar no Programa “Coñece a túa Provincia’2023”, convocado pola Deputación de Lugo, co seguinte CONTIDO (sempre suxeito a algún cambio):

  • A viaxe terá lugar o martes 24 de outubro de 2023, con saída dende a Casa da Cultura de Vilalba ás 9,00 horas

  • Ás 10:00 terá lugar unha visita ao Mazo de Santa Comba.

  • A continuación levarase a cabo o Programa da Ruta concedida:

  • RUTA 1O (SOBER): Visita a unha adega en Amandi, visita á Rectoral de Gundivós, con demostración de olaría tradicional, visita a un miradoiro sobre o Canón do Sil.

  • Servizos incluídos:A excursión será de balde e incluirá transporte, guía acompañante, xantar (menú pechado cun primeiro prato, segundo prato, sobremesa, café ou infusión e as bebidas indicadas o propio día da excursión), entradas aos lugares de visita e seguro de viaxeiros.

    *Recoméndase a todas as persoas participantes levar roupa e calzado cómodo/deportivo para a xornada de excursión.

Por todo elo, o Instituto de Estudos Chairegos abre un prazo de inscrición para socios/as do Iescha e para persoas non asociadas, coas seguintes consideracións:

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

  • PRAZAS CONCEDIDAS: 23

  • PRAZAS QUE SE POÑEN A DISPOSICIÓN DE SOCI@S E NON SOCI@S: 20

  • Nº DE PRAZAS RESERVADAS: 3 (PARA A ORGANIZACIÓN)

  • PRAZO DE INSCRICIÓN: DO 3 AO 16 DE OUTUBRO DE 2023 (ata as 18:00 horas)

  • MEDIO DE INSCRICIÓN: SOLICITUDE AO CORREO ELECTRÓNICO DO IESCHAestudoschairegos@gmail.com (único medio)
  • NÚMERO MÁXIMO DE PERSOAS EN CADA SOLICITUDE: 2

  • DATOS OBRIGATORIOS DE CADA PERSOA SOLICITANTE: NOME, APELIDOS, DNI E TELÉFONO (SE HAI ALGÚN MENOR DE IDADE HAI QUE FACELO CONSTAR) (TAMÉN SE PODE FACER CONSTAR ALGUNHA NECESIDADE ESPECIAL -alerxia alimentaria, etc-)

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

  • AS 20 PRAZAS SERÁN ADXUDICADAS MEDIANTE SORTEO PÚBLICO ENTRE AS SOLICITUDES PRESENTADAS (sempre que se sobrepase dita cantidade)

  • LEVARASE A CABO NO LOCAL DO IESCHA (NA CASA DA CULTURA) O LUNS 16 DE OUTUBRO DE 2023, A PARTIRES DAS 18:15 H.

  • TERÁN ABSOLUTA PREFERENCIA NO SORTEO OS SOCIOS E AS SOCIAS DO IESCHA.

  • O RESULTADO DO SORTEO SERÁ COMUNICADO A CADA SOLICITANTE MEDIANTE UNHA MENSAXE AO CORREO ELECTRÓNICO USADO NA INSCRICIÓN.

Detalles

Data:
Outubro 24
Hora:
09:00 - 20:00

Recinto

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad