Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

IX RUTA CULTURAL POR TERRAS DO CARBALLIÑO (OURENSE), VISITANDO MUSEO E CASTRO DE SAN CIBRAO DAS LAS, MOLDES, PAZOS DE ARENTEIRO E TEMPLO DE VERACRUZ. DOMINGO 7 DE ABRIL-SAÍDA DA CASA DA CULTURA ÁS 9 DA MAÑÁ

Abril 7 @ 09:00 - 20:00

O IESCHA organiza a IX Ruta Cultural polas terras de O CARBALLIÑO, prevista para o domingo 7 de abril de 2024 e para a que contaremos co acompañamento de FELIPE SENÉN, arqueólogo e escritor, nado en O Carballiño.

 PROGRAMA

A saída de Vilalba, dende a Casa da Cultura, producirase ás 9:00 horas.

A continuación, viaxe Vilalba – O Carballiño con breve parada técnica na vila do Carballiño, para deseguido visitar o Castro e Museo de San Cibrao das Las, en San Amaro.

De volta a O Carballiño, terá lugar o xantar no Restaurante DERBY, sobre as 14 horas. O menú será a base de:

ENTRANTES AO CENTRO DA MESA: Empanada caseira e polbo.
SEGUNDO: Carne ao caldeiro.
SOBREMESA: Brazo de xitano caseiro.
BEBIDAS: Viño, gaseosa, auga e café (non entran outras bebidas).

Pola tarde, visita a Moldes e Pazos de Arenteiro, en Boborás, espazos vencellados a vida de Lousada Dieguez e Chamoso… paisaxes e historias dos ribeiros do Avia e do Arenteiro.

Finalmente visita ao templo da Veracruz do Carballiño, obra do arquitecto Antonio Palacios.

Rematada a visita, regresaremos a Vilalba.

A cuota que haberá que pagar será de 30€ por adulto. Os menores, acompañados, aboarán a cantidade de 5 €. No prezo vai incluída a comida e o autobús (e posibles entradas).

Os/as interesados/as poderán apuntarse ata o mércores 3 de abril, como data tope improrrogable, ben enviando unha mensaxe á conta de correo electrónico do Iescha, estudoschairegos@gmail.com, ben contactando persoalmente ou por teléfono con calquera membro da súa Xunta Directiva, facendo constar, de ser o caso, calquera circunstancia que se considere oportuno sinalar.

(Algúns teléfonos: 686-451501/651-361628).

Detalles

Data:
Abril 7
Hora:
09:00 - 20:00

Recinto

O CARBALLIÑO
O Carballiño + Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad