Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

ACTIVIDADE DO IESCHA NOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO DE VILALBA CO GALLO DO DÍA DE ROSALÍA-ENTREGA DE CARETAS COA CARA DE ROSALÍA DE CASTRO.

18/02/2025 @ 08:00 - 23/02/2025 @ 17:00

Rosalía de Castro é unha das figuras máis importantes da nosa literatura e da nosa identidade como pobo. Co seu talento e compromiso, deu voz aos sentimentos e inquedanzas da sociedade galega, converténdose nunha referencia fundamental da nosa cultura. O seu legado segue vivo, e cada ano celebramos o seu día para lembrala e renderlle homenaxe.

Con este obxectivo, dende o IESCHA propuxemos unha pequena actividade para que o alumnado dos centros educativos de infantil e primaria do concello de Vilalba poidese participar na conmemoración. Para elo, fixemos entrega a cada centro de caretas co rostro de Rosalía de Castro, coa finalidade de poder distribuílas entre o alumnado no día elixido para a celebración.

Esta iniciativa busca manter viva a memoria e a inspiración de Rosalía entre os máis peques. E deste xeito contribuír a achegar a nosa literatura e a nosa historia aos nenos e nenas.

Detalles

  • Comezo: 18/02/2025 @ 08:00
  • Remate: 23/02/2025 @ 17:00