Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

ACTIVIDADE DO IESCHA: XI RUTA CULTURAL PERCORRENDO TERRAS OURENSÁNS DE OTERO PEDRAYO: OSEIRA E TRASALBA, CO ACOMPAÑAMENTO DE FELIPE SENÉN. SAÍDA O DOMINGO 21/06/2026, ÁS 9:30 H. INSCRICIÓNS ATA O 17 DE XUÑO

Xuño 21 @ 09:30 - 20:00

O IESCHA organiza a XI Ruta Cultural, percorrendo as terras ourensáns de Otero Pedrayo: OSEIRA e TRASALBA, prevista para o domingo 21 de xuño de 2026 e para a que contaremos co acompañamento de FELIPE SENÉN, arqueólogo e escritor.

 PROGRAMA

A saída de Vilalba, dende os arredores da Casa da Cultura, producirase ás 9:30 horas.

Pola mañá:

  • Visita ao Mosteiro de Oseira
  • Visita ao Museo Etnográfico Olimpio Liste (Oseira)

O xantar será no Restaurante Derby de O Carballiño co seguinte menú:

  • PRIMEIRO: POLBO Á FEIRA E EMPANADA GALEGA
  • SEGUNDO: TERNEIRA ASADA CON GUARNICIÓN 
  • POSTRE CASEIRO. PAN, BEBIDA (AUGA, VIÑO, GASOSA, CAFÉ)

Pola tarde

  • O universo de Otero Pedrayo:

– A súa Casa-Museo de Trasalba

– Os Chaos de Amoeiro

– Cea das panadeiras.

Rematada a visita, regresaremos a Vilalba.

A cuota que haberá que pagar será de 40€ para soci@s e 45€ para non soci@s. No prezo vai incluído o xantar, o guía, o autobús e as entradas.

Os/as interesados/as poderán apuntarse ata o mércores 17 de xuño, ben enviando unha mensaxe á conta de correo electrónico do Iescha, estudoschairegos@gmail.com, ben contactando persoalmente ou por teléfono con calquera membro da súa Xunta Directiva, facendo constar, de ser o caso, calquera circunstancia que se considere oportuno sinalar.

(Algúns teléfonos: 686-451501/651-361628).

Detalles

  • Data: Xuño 21
  • Hora:
    09:30 - 20:00

Recinto