Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

ACTO DA CULTURA CHAIREGA-II. HOMENAXE A MANUEL MARÍA. XXI CABODANO. CONCERTO DE CRIS ROMÁN. AUDITORIO, 13-09-25, ÁS 20:00 HORAS

13/09/2025 @ 20:00 - 21:30

O sábado 13 de setembro de 2025, ás 20:00 h. terá lugar lugar o segundo evento programado polo IESCHA dentro dos ACTOS DA CULTURA CHAIREGA EN HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO SEU XXI CABODANO: O CONCERTO DE CRIS ROMÁN.

Cris Román.- “A compositora e cantante Cris Román, comezou a súa andaina musical co grupo de Rock Areavasta. En 2014 decide comezar a súa aventura en solitario e en abril de 2016 siu á luz o disco autoproducido A Cuentagotas.

Profesora da USC, Cris Román, reparte o seu tempo entre a investigación e a docencia e a súa paixón pola música. Unha autora comprometida, con alma de roqueira baixo un antifaz de pop aterciopelado. Acompañada dunha banda de grandes músicos como Alexandre Fontán aos teclados; Fran Alonso ao contrabaixo; Alexis Iglesias na guitarra; e Javier Romo na percusión. Entre as súas cancións pódese atopar un amplo abano de estilos dende blues, swing, country, e música de autor, con cancións en inglés, castelán e galego”.

Entrada de balde. Haberá que facer a correspondente reserva ben na páxina web do Concello, ben na Casa da Cultura de Vilalba

#IESCHAhttps://deputacionlugo.gal/…/a-dep…/areasgoberno/cultura

Detalles

  • Data: 13/09/2025
  • Hora:
    20:00 - 21:30

Recinto

  • Auditorio Municipal
  • Rúa das Pedreiras, 5
    Vilalba, Lugo 27800 Spain
    + Google Map