- Este evento pasou.
1ª PROXECCIÓN DO CICLO MESTRE MATEO 2024. PELÍCULA “SALTA!”, DE OLGA OSORIO. ESPECIAL FAMILIAS. VENRES 4-10-24. 20:00 H. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA
Outubro 4 @ 20:00 - 21:30
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película SALTA!, de OLGA OSORIO, dando inicio así ao CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta primeira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o VENRES 4 DE OUTUBRO DE 2024, ás 20:00 horas. Dada a temática da película, considerámola como especial para as familias.
SINOPSE
Óscar e Teo (13 e 10 anos) son dous irmáns, moi distintos entre sí, que viven nun modesto piso de barrio. Xullo de 1989. Teo é futboleiro e un pouco fervellasverzas, Óscar un sabichón que prefire pasar as tardes de verán estudando a teoría da relatividade. En realidade, cada un lidia á súa maneira coa desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buratos de verme.
FICHA TÉCNICA
- Dirección: Olga Osorio
- Producida por: Emma Lustres, Borja Pena
- Guión de: Olga Osorio, Araceli Gonda
- Dirección de fotografía: Elías M. Félix, AEC
- Dirección de arte: Alexandra Fernández
- Música orixinal: Manuel Riveiro
- Montaxe: Mario Maroto, Amae
- Dirección de producción: María Liaño, Silvia Carnero
- Supervisión de producción: Fátima Dapena
- Son directo: Carlos Mouriño
- Diseño de son e mezclas: David Mahcado
- Maquillaxe: Susana Veira
- Perruquería: Beatriz Antelo
- Vestiario: Ana López
- Casting: Conchi Iglesias, Apdice
- Duración: 85 min
- Calificación por idades: Todos os públicos
CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor longametraxe
- Mellor dirección
- Mellor dirección de arte
- Mellor guión
- Mellor interpretación masculina protagonista
- Mellor maquillaxe e perruquería
- Mellor música orixinal
- Mellor son
- Mellor vestiario
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO
https://www.deputacionlugo.gal/es/a-deputacion/areasgoberno/cultura