EXPOSICION “PINCELADAS E TRAZOS”, PINTURAS DE MASU SANTALLA FERREIRO. DENDE O 21 DE AGOSTO AT AO 22 DE SETEMBRO DE 2024
Agosto 21 @ 19:00 - Setembro 22 @ 21:00
O mércores 21 de agosto de 2024, ás 19:00 horas, na CASA DA CULTURA DE VILALBA, tivo lugar a inauguración da Exposición “PINCELADAS E TRAZOS”, con pinturas de MASU SANTALLA FERREIRO, que organiza o IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, permanecendo aberta ao público no horario habitual da casa da Cultura dende o 21 de agosto ao 22 de setembro de 2024.
“A exposición ‘Pinceladas e trazos’ reflicte a miña traxectoria artística dende o óleo ao grafito entre 2006 e a actualidade. Os meus inicios na pintura comezaron xogando coa cor e coas figuras. Anos despois inicieime no retrato a grafito, onde descubrín a expresión artística que máis gozo, e á vez experimentando coa técnica pastel até o día de hoxe.” (Masu Santalla Ferreiro-Telf.: 646 52 95 90)