Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

ACTO DO IESCHA. PRESENTACIÓN DO LIBRO “PASPARTUE” DE ALEX PERNAS. PRESENTA MARISA BARREIRO VENRES 7 DE FEBREIRO DE 2025, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

Febreiro 7 @ 20:00 - 21:30

O venres 7 de febreiro de 2025 ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a presentación do libro Paspartue, do coruñés Alex Pernas. Intervirán o propio autor, Alex Pernas, e Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

SINOPSE DE “PASPARTUE

“A primeira vez que naceu fíxoo nun primeiro de xaneiro. Ás cero horas, cero minutos, e cero segundos, viu por primeira vez a luz o primeiro dos Paspartues. O primeiro dunha estirpe maldita, escrava dun lúgubre destino.

Esta é a historia dunha obsesión, dunha fixación enfermiza por outra alma, por outro ser ao que perseguirá ao longo dos anos e das vidas.

Un relato atroz no que o renacer está inevitablemente ligado á repetición, e no que os propios froitos da maldición serán os que propicien que o pesadelo nunca teña fin.

Alex Pernas, nado na Coruña no ano 1986, desenvolve a súa carreira coma enxeñeiro de software. No mundo literario publicou a novela “Xarfas” (2018), o libro de relatos “A Paga” (2022) (publicado anteriormente coma folletín no xornal dixital adiante.gal entre os anos 2018 e 2021), o libro de relatos “De entre as tebras” (2023), e maila novela curta “Paspartue” (2024). No ámbito musical estivo en varias formacións, sendo as principais “TST” (heavy metal), coa que publicou unha maqueta no ano 2008; “Ad Intra” (doom/death metal), coa que publicou o sinxelo “We Aren’t Ready to Take Off” (2011) e mailo LP “Inside Us All” (2013); “Os Relámpagos de Nós” (rock); e “Oymyakon” (groove/death metal), coa que se atopa na actualidade. Tamén colaborou con diversas asociacións e xentes do ámbito do activismo.

Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

Details

Date:
Febreiro 7
Time:
20:00 - 21:30

Venue

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad