Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

CICLO DE CINE NA RÚA – PROXECCIÓN DA PELÍCULA “O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA

24/08/2022 @ 21:30 - 23:30

CICLO DE CINE NA RÚA
CONVOCADO POLA VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN – LUGO
PROXECCIÓN DE “O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA”
de Andy Hamilton e Guy Jenkin
MÉRCORES 24 DE AGOSTO DE 2022 – 21:30 horas
NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, participa no CICLO DE CINE NA RÚA convocado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, coa proxección ao aire libre da película O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA de Andy Hamilton e Guy Jenkin, que terá lugar no PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA o vindeiro mércores 24 de agosto, ás 21:30 horas.

O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA

Sinopse:
Un matrimonio en crise viaxa a Escocia con motivo do 75 aniversario do avó. Como está gravemente enfermo tratan de ocultar a súa difícil situación para que non lle afecte á saúde, pero non lles vai ser nada doado manter o segredo por mor dos seus tres falangueiros fillos.

ACTORES E ACTRICES
Rosamund Pike, David Tennant, Billy Connolly, Celia Imrie, Emilia Jones, Ben Miller…

EQUIPO TÉCNICO
Dirección e guión: Andy Hamilton e Guy Jenkin
Fotografía:  Martin Hawkins
Música: Alex Heffes
Ano: 2014
País: Reino Unido

“(…) O Último Verán en Escocia é unha comedia moi entretida cunha forte dose de moralina que case logra emocionar pero, iso si, acada sacar un amplo sorriso e algunha que outra gargallada provocada pola espontaneidade e saídas dos tres pillabáns que, aínda que pareza mentira, acaban converténdose nos máis sensatos do conto. Atención tamén ao tratamento da paisaxe e da música tradicional celta que terá o seu punto álxido na catarse colectiva do fina.” (extracto da crítica de Andrés Castro publicada en NÓS DIARIO)

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO

 

Details

Date:
24/08/2022
Time:
21:30 - 23:30

Venue

Parque Rosalía de Castro
Rúa Bispo Rouco Varela, 38,
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad