Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CICLO MESTRE MATEO – O IESCHA ORGANIZA A PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “O SILENCIO HERDADO”, DE LUCÍA DAPENA GONZÁLEZ. DOMINGO 18 DE OUTUBRO DE 2026, ÁS 20:00 H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.

Outubro 18 @ 20:00 - 21:30
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, organiza a PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL: O SILENCIO HERDADO, de Lucía Dapena González, continuando deste xeito co CICLO MESTRE MATEO-2026 que nos está brindanado a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO. Esta SÉTIMA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 18 de outubro de 2026, ás 20:00h. A entrada é de balde, pero haberá que facer a correspondente reserva de localidade en entradasvilalba.es SINOPSE LUCÍA (27) achégase á súa avoa EDILIA (86) buscando respostas, pero só atopa silencio. O silencio de EDILIA é longo, de raíces profundas. Un silencio escuro, doloroso, imposible de romper. Cando LUCÍA entende que EDILIA nunca lle dará as respostas que busca, decidirá mirar ese silencio, escoitalo con paciencia e determinación, tratando de comprendelo. EDILIA, talvez querendo, talvez sen querer, acompañaraa. Xuntas exploran os límites da palabra e da imaxe, facendo dese silencio o seu lugar de encontro. DURACIÓN: 82 min FICHA TÉCNICA Dirección: Lucía Dapena González Guión: Lucía Dapena González e Liliana Díaz Produción executiva: Paulina Martínez, Suso López, Matheus Mello Dirección de produción: Paulina Martínez, Matheus mello Imaxe: Lucía C. Pan, Lucía Dapena Montaxe: Juan Soto Taborda, Liliana Díaz Son directo: Eloy Táboas Deseño sonoro: La Panificadora Estudios Etalonaxe: Martí Somoza Composición musical: Alejandro da Rocha CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO Documental

Detalles

  • Data: Outubro 18
  • Hora:
    20:00 - 21:30

Recinto

  • Auditorio Municipal
  • Rúa das Pedreiras, 5
    Vilalba, Lugo 27800 Spain
    + Google Map