
- Este evento pasou.
CICLO MESTRE MATEO-PROXECCIÓN DA PELÍCULA “JACINTO”, DE JAVI CAMINO AUDITORIO DE VILALBA-O SÁBADO, 3 DE DECEMBRO, ÁS 20:00 H.
03/12/2022 @ 20:00 - 21:30

CICLO MESTRE MATEO
PROXECCIÓN DE “JACINTO”
de JAVI CAMINO
SÁBADO 3 DE DECEMBRO DE 2022 – 20:00 horas
NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coaÁrea de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, pon fin ás proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, trátase da película “JACINTO”, dirixida por Javi Camino.
A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 3 de decembro de 2022, ás 20:00 horas.
SINOPSE:
Jacinto é un adulto coa mentalidade dun neno. Vive en Mallou, unha sombría aldea abandoada entre as montañas, cos seus pais e o seu porco Martiño. A morte da súa mascota e a chegada de dúas novas veciñas estranxeiras porá o seu mundo patas arriba. Jacinto sospeita que as recén chegadas son vampiras que planean rematar coa súa familia para controlar a aldea. Para impedilo, porá en práctica todo o aprendido vendo pelis de terror.
CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor longametraxe
- Mellor dirección
- Mellor dirección de arte
- Mellor dirección de produción
- Mellor guión
- Mellor interpretación masculina de reparto
- Mellor interpretación masculina protagonista
- Mellor maquillaxe e perruquería
- Mellor montaxe
- Mellor música orixinal
- Mellor vestiario
FICHA TÉCNICA:
- Duración: 95’
- Produtora: Vizuals Lab
- Dirección: Javi Camino
- Dirección de arte: Samuel Lema Ferreira
- Dirección de fotografía: Francisco Arnoso “Pixi”
- Dirección de produción: Xabier Eirís
- Guión: Javi Camino
- Reparto: Pedro Brandaríz, Anxela Baltar, Corinna Rautenberg, Miro Magariños, Pilar Miguélez, Juanma Buiturón
- Maquillaxe e perruquería: Lorena Calvo
- Montaxe: Javi Camino
- Música orixinal: Reserva Espiritual de Occidente (Svali y Wences Lamas)
- Son: David Lagares, José Tomé
- Vestiario: Lorena Calvo
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO