Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CICLO MESTRE MATEO PROXECCIÓN DE “MALENCOLÍA” de ALFONSO ZARAUZA-FINALISTA DOS PREMIOS MESTRE MATEO’22

15/10/2022 @ 20:00 - 21:30

CICLO MESTRE MATEO
PROXECCIÓN DE “MALENCOLÍA”
de ALFONSO ZARAUZA
FINALISTA DOS PREMIOS MESTRE MATEO’22
SÁBADO 15 DE OUTUBRO DE 2022 – 20:00 horas
NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, tócalle o turno á película “MALENCOLÍA”, dirixida por Alfonso Zarauza.
A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 15 de outubro de 2022, ás 20:00 horas.                      

SINOPSE:
Sira e Pepe son unha parella que fartos da vida en precario e do frenesí da cidade de Berlin, deciden voltar a Galicia tras moitos anos emigrados na Alemaña. Atopan por internet unha casiña na aldea abandonada de Lupián, provincia de Ourense, e deciden deixalo todo para iniciar unha nova vida alí. Chegados a aldea descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por unha peculiar señora chamada Isolina.

CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO
Película Finalista

FICHA TÉCNICA:
Duración: 95’
Produtora: Maruxiña Film Company e TVG Dirección: Alfonso Zarauza
Dirección de arte: Elia Robles
Dirección de fotografía: Alberte Branco (AEC) Dirección de produción: Tamara Soto
Guión: Alfonso Zarauza
Reparto: Melania Cruz, Xúlio Abonjo, Iolanda  Muiños, Diego Anido, Ledicia Sola, Ricardo de Barreiro, Marta Lado, X.A. Touriñán, Tito Asorey, Déborah Vukusic
Maquillaxe e perruquería: Raquel Fidalgo, Patricia Vilela
Montaxe: Fernando Alfonsín
Son: Javier Pato, David Machado
Vestiario: Renata Uzal

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO BEN DIRECTAMENTE NO AUDITORIO O MESMO DÍA DA PROXECCIÓN

Detalles

Data:
15/10/2022
Hora:
20:00 - 21:30

Recinto

Auditorio Municipal
Rúa das Pedreiras, 5
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad