Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

CICLO MESTRE MATEO-PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “NO SOMOS NADA”, DE JAVIER CORCUERA- DOCUMENTAL FINALISTA NOS PREMIOS MESTRE MATEO 2023-DOMINGO 8 DE OUTUBRO DE 2023 – 20:00 H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA  

08/10/2023 @ 20:00 - 21:45

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental NO SOMOS NADA, de Javier Corcuera, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO. 

Esta quinta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 8 DE OUTUBRO DE 2023, ás 20:00H.

SINOPSE
Tras anos de silencio, a lexendaria banda vasca La Polla Records regresa aos escenarios por sorpresa. Evaristo Páramos, o seu carismático vocalista, anúnciao en roda de prensa. Os seus miles de seguidores corren a voz e prepáranse para o acontecemento. Evaristo fai memoria desde a súa pel de punk aldeán. O seu relato enrédase con cancións, fotografías, fragmentos de animación e vellos vídeos da banda. Mil e un concertos quedan no recordo.

FICHA TÉCNICA: 

Dirección: Javier Corcuera

Axudante de dirección: Jacobo Rivero

Produción: Gael Herrera, Miguel Paredes, Natalia de Ancos

Produción executiva: Gael Herrera

Produción asociada: Tamboura Films,

La Mula Producciones, Intermedia

Producciones, Instituto Del Cine De Madrid,

Altahabana Films, La Cara A, Quechua Films

Dirección de fotografía: Mariano Agudo

Cámara: Hugo Carmona, Mariano Agudo, Andrés Zoilo, Eduardo Montero

Son directo: Daniel de Zayas

Montaxe: Martin Eller

Animación: Manuel Viqueira

Documentación: Miguel Ángel Paulo,

Jacobo Rivero, Ana Prada

Ano: 2021

Duración: 100 min.

CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
Finalista: Mellor documental

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVABEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO

Details

Date:
08/10/2023
Time:
20:00 - 21:45

Venue

Auditorio Municipal
Rúa das Pedreiras, 5
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad