Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CICLO MESTRE MATEO’23-PROXECCIÓN DA PELÍCULA “VALENTINA” DE CHELO LOUREIRO-LUNS 19 DE XUÑO-11:30 H.-AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

19/06/2023 @ 11:30 - 13:00

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película VALENTINA, de CHELO LOUREIRO, dando inicio así ao CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta primeira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o LUNS 19 DE XUÑO DE 2023, ás 11:30 horas. Nesta ocasión irá destinada exclusivamente ao alumnado de Infantil e 1º de Primaria dos centros escolares do Concello de Vilalba.

SINOPSE
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa —que lle ensina a xogar ao xadrez e un montón de cancións— anímaa sempre a perseverar: se os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos  perder a ilusión nin as gañas de aprender; mírame a min- di a avoa- eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día! Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para converterse en bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando se dispón a preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertante noticia: a Avoa foise de viaxe. De viaxe? Sen se despedir?!

CANDIDATURA XXI
MELLOR LONGAMETRAXE DE ANIMACIÓN

FICHA TÉCNICA:
Dirección: Chelo Loureiro
Dirección artística: Cristina Franganillo
Producción: Chelo Loureiro, Noa García, Brandán de Brano, Mariano Baratech, Luís da Matta
Produtora: Abano
Produción asociada: Antaruxa, El Gatoverde Prod.
Guión: Lúa Testa, Chelo Loureiro
Dirección de animación: Archi Viloria
Deseño gráfico: David Pintor
Música: Nani García
Coa participación de: Andrés Suárez, María Manuela, Pilocha, Uxía, Coke Couto, Lúa Testa, Alicia Rábade, Helga Méndez

Detalles

Data:
19/06/2023
Hora:
11:30 - 13:00

Recinto

Auditorio Municipal
Rúa das Pedreiras, 5
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad