Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CICLO MULLERES GALEGAS-CONFERENCIA DE RICARDO POLÍN: “A QUE FÍA, AMA E ORA. ESTAMPAS DA MULLER TRADICIONAL NA LITERATURA DE COSTUMES (E NO GRAVADO ANTIGO)”

12/05/2023 @ 20:00 - 21:30

 O Instituto de Estudos Chairegos organiza o venres 12 de maio de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a CONFERENCIA “A QUE FÍA, AMA E ORA. ESTAMPAS DA MULLER TRADICIONAL NA LITERATURA DE COSTUMES (E NO GRAVADO ANTIGO)”, impartida por RICARDO POLÍN, Doutor en Filoloxía e Historiador. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.
Esta será a cuarta conferencia correspondente ao ciclo MULLERES GALEGAS, programado polo IESCHA para levar a cabo durante todo este ano 2023. A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de GERMÁN CASTRO que nos falou da científica galega ÁNGELES ALVARIÑO; a segunda, no mes de marzo, foi impartida por VANESA SISO e levaba por título: “A cousificación e mercantilización do corpo das mulleres. Revisión das cantigas de tradición oral”, e a terceira, no mes de abril, “Para reter a auga. Conversas ao redor de María Casares”, impartida por LUZ DARRIBA. Están programadas máis para o resto do ano.
RICARDO POLÍN
Ricardo Polín, doutor en Filoloxía e historiador, destaca como autor de numerosos estudos de historia da literatura, crítica textual e edición de textos antigos, obras polas que ten recibido premios como o extraordinario de doutoramento, o da Crítica de Galicia en investigación, o Ánxel Fole de ensaio ou o do Ministerio de Educación e Cultura á edición, sendo pioneiro na documentación histórica e  cartográfica da primeira vía das peregrinacións a Compostela.
Entre a súa densa produción figuran obras como as seguintes:
-Literatura do século XIX
-Filoloxía medieval
-Literatura dos anos trinta e da posguerra
-Guía histórica e cartográfica do Camiño Primitivo de Santiago
Colaborador en varios proxectos colectivos de carácter histórico ou filolóxico (Gran enciclopedia galega, Proxecto Galicia, La gran obra de los caminos de Santiago, etc), posúe numerosa obra dispersa en coleccións, xornais e revistas especializadas.
É autor da exposición e do catálogo “Escritos na floresta. Árbores senlleiras na cultura chairega”, promovida no ano 2014 polo IESCHA, coa colaboración da Área de Cultura – Vicepresidencia da Deputación de Lugo. 

Detalles

Data:
12/05/2023
Hora:
20:00 - 21:30

Recinto

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad