Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CONCERTO DE CARLOS GÓMEZ OSA: “EN FEMININO, CANCIÓNS CON NOME DE MULLER”, CON LOIS CUBA, ROSANA DOMINGUEZ E MINICORO ESMUVI. SÁBADO 28 DE FEBREIRO DE 2026, ÁS 20:30 HORAS. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

Febreiro 28 @ 20:30 - 22:00

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboracion do Concello de Vilalba, organiza, dentro dos actos previstos para conmemorar o MES DE ROSALÍA, o concerto de CARLOS GÓMEZ OSA: “EN FEMININO. CANCIÓNS CON NOME DE MULLER”, que contará co acompañamento á guitarra de LOIS CUBA, e a participación de ROSANA DOMÍNGUEZ e o MINICORO DE ESMUVI, dirixidos por BARUK DOMÍNGUEZ.

O acto terá lugar o sábado 28 de de febreiro de 2026, ás 20:30 horas, no mesmo lugar da exposición no Auditorio Municipal de Vilalba.

O concerto de Carlos Gómez Osainscríbese, por unha banda e como xa dixemos, na programación especial que o IESCHA dedica cada ano á figura e á obra de Rosalía de Castro, referente imprescindible da nosa literatura e símbolo da defensa da identidade, da lingua e da dignidade do pobo galego.

Ao mesmo tempo, a iniciativa enlaza coa conmemoración do Día da Muller-8M, convertendo a música nun vehículo de reflexión, recoñecemento e reivindicación do papel das mulleres na cultura e na sociedade. “EN FEMININO”preséntase así como un concerto que celebra o talento, a sensibilidade e a forza das mulleres a través da palabra e da música, reforzando o compromiso co avance na igualdade e coa visibilización das creacións femininas. Deste xeito, preténdese un acto cultural e simbólico que une memoria, arte e compromiso social, no marco dunha programación que pon en valor tanto o legado de Rosalía de Castro como a necesaria reivindicación dos dereitos e da presenza plena das mulleres na vida cultural e pública.

CARLOS GÓMEZ OSA

Profesor vilalbés xubilado.
Un dos fundadores da antiga Agrupación Cultural Lois Peña Novo e do actual Iescha, do que formou parte en varias das súas xuntas directivas.
Sempre lle gustou a música, e nos últimos anos ofreceu varios con-certos, organizados polo Iescha, en datas significativas:
-Cantigas para andar a Terra
-De Lorca e Rosalía
-Homenaxes a Manuel María
E agora este “En Feminino”

Detalles

  • Data: Febreiro 28
  • Hora:
    20:30 - 22:00

Recinto

  • Auditorio Municipal
  • Rúa das Pedreiras, 5
    Vilalba, Lugo 27800 Spain
    + Google Map