Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CONCERTO DE DAKIDARRÍA EN VILALBA. ORGANIZA: IESCHA. FINANCIA: ÁREA DE CULTURA-VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO. COLABORA: CONCELLO DE VILALBA. VENRES 21/08/26 – 22:00 – PRAZA IGREXA. DE BALDE

Agosto 21 @ 22:00 - 23:30

Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa financiación e apoio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e a colaboración do Concello de Vilalba, o concerto do grupo DAKIDARRÍA.

O evento, enmarcado na programación do Iescha para as Festas de Vilalba, terá lugar o venres 21 de agosto de 2026, ás 22:00 horas, na Praza da Igrexa de Vilalba.

[DAKIDARRÍA]
MÚSICA, REBELDÍA E ALEGRÍA DENDE GALIZA
SKA PUNK INCENDIARIO, ENERXÍA EXPLOSIVA E LETRAS QUE FAN PENSAR, ENCHENDO FESTIVAIS, SALAS E RÚAS ALÍ ONDE HAXA FESTA E COMPROMISO
Tras máis de 20 anos desde a súa formación e unha bagaxe máis que interesante de discos e concertos podemos etiquetar a DAKIDARRÍA como unha banda histórica no panorama galego e estatal.
DAKIDARRÍA fusiona ska, reggae, punk-rock e ritmos urbanos cheos de enerxía a través da complicidade, forza e sinceridade das súas revolucionarias letras, nas que se chegan a incluír ata doce linguas diferentes.
O seu prato forte son os directos, atrevéndose tanto con salas pequenas como con grandes festivais. Demostraron en cada xira que o seu é a festa encima e debaixo do escenario.

DISCOGRAFÍA

Detalles

  • Data: Agosto 21
  • Hora:
    22:00 - 23:30

Recinto