Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CONCERTO DE VERÁN SONDARÚA NO TEMPLETE DA MÚSICA DE VILALBA VENRES 12 DE AGOSTO DE 2022 – 22:30 HORAS

12/08/2022 @ 22:30 - 13/08/2022 @ 00:00

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza para o venres 12 de agosto de 2022, ás 22:30 h., no templete da música da praza da Constitución, o concerto de verán a cargo do grupo musical SONDARÚA, de Ponteareas. A entrada será de balde.

SonDaRúa

SonDaRúa, unha das bandas con maior proxección do panorama galego dos últimos anos, volve á carga con Eterno Combate (PlayPlan 2020), o seu primeiro disco de longa duración tras o lanzamento do EP Liberando mentes (2018).

O grupo, formado por Hugo Guezeta e Álex Arnoso ás voces e That Bass como DJ, plasma neste novo traballo o seu estilo, que sempre bebe da ironía, da musicalidade e a tradición oral popular galega, pero combinándoo co hip hop máis reivindicativo, de crítica social e política.

“Eterno combate”, o disco

Trátase dun LP de 12 cortes no que poderemos gozar das colaboracións de Skandalo GZNavia Rivas e Ezetaerre. Ademais, e mantendo a liña habitual de SonDaRúaEterno Combate é un disco do máis ecléctico no que teñen cabida unha morea de estilos musicais; dende o rap clásico ao máis puro estilo 90’s, pasando polo ska, o rock e chegando aos sons máis característicos do reggae.

No referente á parte instrumental de Eterno Combate, o maior peso da produción recaeu en Álex Arnoso, membro do grupo. Sen embargo, Eterno Combate conta coa participación de distintos artistas do nivel de Peter Petrowski (Ezetaerre), un habitual nos traballos de SonDaRúaThat Bass, actual DJ da banda, quen tamén aportou o seu gran de area musical neste LP, ou Javier Vicalo, produtor da canción que dá nome ao disco nos estudos The Dub Yard. Destaca tamén o gran traballo realizado por Félix Cebreiro en Quela Records, tanto na mestura e masterización dos temas como nos arranxos musicais do disco.

Aínda que a banda non perde en ningún momento a súa esencia subversiva e reivindicativa, en Eterno Combate poderemos atopar temáticas moi diversas entre as distintas cancións que conforman o disco, así como rítmicas e instrumentais cheas de calidade e frescura.

O disco edítase baixo a discográfica de PlayPlan.

Detalles

Comezo:
12/08/2022 @ 22:30
Remate:
13/08/2022 @ 00:00
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad