Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CONCERTO “NA CASA DELES”, DO CUARTETO VOCAL “SON DE CORDA”. CASA DA CULTURA DE VILALBA, SÁBADO 15-06-24, ÁS 20:30, CON RAÚL RODRÍGUEZ (PIANO) E MARÍA PICHÍN (DANZA)

Xuño 15 @ 20:30 - 21:30

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o sábado 15 de xuño de 2024, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, o concerto ‘NA CASA DELES’, a cargo do cuarteto vocal SON DE CORDA.
Neste acto participarán tamén Raúl Rodríguez (piano) e María Pichín (danza).
Entrada libre ata completar aforo.

O cuarteto Son de Corda está formado por Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto), Fernando G. Jácome (tenor) e Antón Castro (baixo), e ten vocación de facer tanto música a capella coma con acompañamento instrumentale nesta ocasión interpretarán poemas de autores recoñecidos na nosa terra: Uxío Novoneyra, Darío Xohán Cabana, Manuel María, Luis Pimentel, Alvaro Cunqueiro e Lorenzo Varela.
realización dos videos correu a cargo de Manuel Lucas.
O proxecto “NA CASA DELES” conta coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e inclúe tamén a gravación de curtas sobre cada un dos autores, que se proxectarán durante a actuación.
Este proxecto terá continuidade próximamente con “NA CASA DELAS”, un repertorio de cancións de mulleres poetas luguesas.

 

Detalles

Data:
Xuño 15
Hora:
20:30 - 21:30

Recinto

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad