- Este evento pasou.
CONFERENCIA DE CARLOS MÉIXOME: “UNHA CATA NA NOVA LEI DE MEMORIA DEMOCRÁTICA”-VENRES 17 DE FEBREIRO DE 2023, ÁS 20:30 H. – CASA DA CULTURA DE VILALBA
17/02/2023 @ 20:30 - 21:30
O venres 17 de febreiro de 2023, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), organiza unha conferencia a cargo de CARLOS MÉIXOME, historiador e escritor galego, que leva por título “Unha cata na nova lei de memoria democrática”. Presentará ao conferenciante a presidenta do IESCHA, MARISA BARREIRO.
CARLOS MÉIXOME QUINTEIRO
Historiador e escritor galego
(FONTE: gl.wikipedia.org)
Naceu en Lalín o 18 de setembro de 1954 pero pronto foi para O Carballiño. Estudou Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Xeografía e Historia en centros da comarca de Vigo e o Val Miñor. En 1999 participou na fundación do Instituto de Estudos Miñoranos, do que foi director ata o 2015. Colaborou co Instituto Galego de Análise e Documentación (IGADI) publicando sobre a Iugoslavia, Cuba e Rusia. Desde o 2005 leva unha boa actividade memorialística sobre a persecución franquista no Val Miñor e no sur da provincia de Pontevedra.
En 2015 publicou unha recompilación dos seus artigos xornalísticos co título Daquí e dacolá. Follas voadeiras. Desde 2014 mantén o blog Pé do Galiñeiro. Tamén colabora con A Nova Peneira.
Obras
–Textos e documentos para a historia contemporánea de Galicia (século XX) (1999). Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-090-5.
-Castelao. Unha historia do nacionalismo galego (2000). Edicións do Cumio. 192 páxs. ISBN 9788482890951.
-Daquí e dacolá. Follas voadeiras, 2001-2014 (2014). Autoedición. A primeira parte está dedicada a Luís Tobío.
-Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor (2021). Laiovento. 232 páxs. ISBN 978-84-8487-505-5.
-O terror nas tebras e outras catas na memoria (2022). Laiovento. 416 páxs. ISBN 978-84-8487-563-5.
ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO