
- Este evento pasou.
Ten futuro o rural? Hai alternativas? por Antonio Oca Fernández
20/05/2022 @ 20:30 - 22:00
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) continuando coa súa programación anual, organiza para os días 20 e 27 de maio de 2022 senllos actos que terán como temática común O RURAL. Baixo o título de “TEN FUTURO O RURAL?HAI ALTERNATIVAS?”, levaranse a cabo dúas CONFERENCIAS nas seguinte datas:
O venres 20 de maio de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a conferencia a cargo de ANTONIO OCA FERNÁNDEZ, ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA. Presentará o acto XOÁN CARRETERO LÓPEZ.
O venres 27 de maio de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a conferencia a cargo de JOSÉ MOURIÑO CUBA, ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA e LICENCIADO EN CIENCIAS BIOLOXICAS. Presentará o acto ALFONSO BAAMONDE FERNÁNDEZ.
Estas actividades enmárcanse na denominación xenérica de DEBATES NECESARIOS, que deron comezo xa o pasado ano coa temática do PXOM, e con eles o Iescha pretende ofrecer a maior información posible sobre asuntos de interese.A entrada e libre ata cubrir o aforo estipulado, téndose en conta sempre as medidas sanitarias estipuladas en cada momento.