Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

EXPOSICIÓN “ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE”, CON TEXTOS DE FRANCISCO RODRÍGUEZ E DEBUXOS DE PEPE CARREIRO. DO 6 AO 27 DE FEBREIRO DE 2026, NA SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

Febreiro 6 @ 20:00 - Febreiro 27 @ 22:00

O Instituto de Estudos Chairegos, co patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputacion de Lugo e a colaboracion do Concello de Vilalba, organiza, dentro dos actos previstos para conmemorar o MES DE ROSALÍA, a exposición ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE, producida por Galiza Cultura e Vía Galega, con textos de Francisco Rodríguez e ilustrada con debuxos de Pepe Carreiro.

A exposicion poderase visitar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba dende o 6 ata 27 de febreiro de 2026, no horario habitual do Auditorio Municipal.

A mostra, conformada por 20 paneis, afonda na biografía de Rosalía de Castro, no contexto histórico e social no que desenvolveu a súa creación literaria e na relevancia e actualidade dos seus textos.

O proxecto busca poñer en valor a figura dunha autora que, como subliñan os organizadores, foi “unha muller consciente do seu tempo e do seu país, que defendeu o dereito de galegos e galegas a termos unha literatura propia e moderna”.

(texto extraído de lugoxa.com)

Detalles

  • Comezo: Febreiro 6 @ 20:00
  • Remate: Febreiro 27 @ 22:00

Recinto

  • Auditorio Municipal
  • Rúa das Pedreiras, 5
    Vilalba, Lugo 27800 Spain
    + Google Map