
- Este evento pasou.
HOMENAXE A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO X CABODANO-SÁBADO 31 DE DECEMBRO DE 2022, ÁS 12:30 HORAS, NA PRAZA DA IGREXA.
31/12/2022 @ 12:30 - 13:30

O sábado 31 de decembro de 2022, ás 12:30 horas, na PRAZA DA IGREXA DE VILALBA, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) levará a cabo a inauguración da inscrición conmemorativa nunha das lousas da praza (obra do canteiro José Gómez de Bernardo “Pepón”) cando se cumplen dez anos do pasamento do benquerido BERNARDO GARCÍA CENDÁN.
O acto terá tamén un apartado poético (no que poderán participar todas as persoas que o desexen) co recitado de poemas do propio Bernardo, e outro musical no que intervirán dúas alumnas do Conservatorio vilalbés: Icía Saavedra Cortiñas, coa guitarra, e Sara Puentes Antas, coa frauta.