Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

HOMENAXE DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO XIII CABODANO. DOMINGO 28 DE DECEMBRO DE 2025, ÁS 12:30 HORAS, NA PRAZA DA IGREXA, AO CARÓN DA LOUSA CONMEMORATIVA

28/12/2025 @ 12:30 - 13:30

O domingo 28 de decembro de 2025, ás 12:30 horas, na PRAZA DA IGREXA DE VILALBA, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do CONCELLO DE VILALBA, organiza a homenaxe a Bernardo García Cendán no seu XIII Cabodano, que terá lugar ao carón da lousa coa inscrición conmemorativa inaugurada hai tres anos (obra do canteiro José Gómez de Bernardo “Pepón”).

O acto terá un apartado para o recitado de textos do propio Bernardo, e outro musical no que intervirán os grupos:

– LAMBE LAMBE
– CORREDORES DE SOMBRA

A palabra e a música, dous dos elementos que sempre estiveron presentes na vida de Bernardo, xuntaranse un ano máis na Praza da Igrexa de Vilalba, ao carón da súa lousa, nun encontro para a lembranza, para o cariño, para a loubanza e para botar de menos ao intelectual, ao escritor, ao crego e, sobre todo, ao amigo.

Detalles

  • Data: 28/12/2025
  • Hora:
    12:30 - 13:30

Recinto