Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

EXPOSICIÓN “LÁMINAS DO QUIXOTE” DE JESÚS TRASTOY – ATA O 30 DE NOVEMBRO NO AUDITORIO DE VILALBA

27/10/2022 @ 20:00 - 30/11/2022 @ 20:00

EXPOSICIÓN 

LÁMINAS DO QUIXOTE

de JESÚS TRASTOY

Inauguración

XOVES 27 DE OUTUBRO DE 2022 – 20,00 horas

AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa súa programación de actividades para o presente ano 2022, organiza a EXPOSICIÓN “LÁMINAS DO QUIXOTE” de JESÚS TRASTOY. A inauguración está prevista para o xoves 27 de outubro, ás 20:00 horas, na sala de exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba e poderase visitar ata o 30 de novembro no horario de apertura do mesmo. A mostra está formada por 108 láminas  (ilustracións da novela de Cervantes) que Jesús Trastoy debuxou a bolígrafo nun minucioso, paciente e encomiable traballo. JESÚS TRASTOY SAAVEDRA naceu na popular e histórica rúa da Porta de Cima de Vilalba o día 12 de setembro de 1941. Nos anos da súa actividade laboral dedicou o tempo á construción e á telefonía, traballando en distintas empresas e en lugares moi espallados. Esta circunstancia impediulle desenvolver unha das actividades pola que sentía verdadeira paixón: a pintura. Con todo e con iso, unha parte importante do seu tempo de lecer ocupouno na visita a exposicións de pintura, preguntándose a miúdo “como se podería facer algo como o que facían os que expoñían”. Logo dunha intensa vida de traballo, chegoulle a prexubilación, e con ela a posibilidade de gobernar a súa existencia. Foi daquela cando se iniciou nas complicadas artes do pincel, asistindo a cursiños impartidos en Vilalba por Maximiliano López e Manolo Carballeira. A partir de entón e xa instalado definitivamente na súa vila natal, foi “argallando á súa maneira” e desenvolvendo unha xa longa traxectoria como pintor na dourada idade da xubilación. Logrou converter esta nun auténtico xúbilo estético.

Detalles

Comezo:
27/10/2022 @ 20:00
Remate:
30/11/2022 @ 20:00

Recinto

Auditorio Municipal
Rúa das Pedreiras, 5
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad