Skip to content
Instituto de Estudos Chairegos

Lingua, cultura, historia, patrimonio

  • INICIO
  • ACTIVIDADES
  • HISTORIA
    • ESTATUTOS
    • XUNTA XESTORA E XUNTAS DIRECTIVAS
  • MEMORIA ACTIVIDADES
    • 2026
    • 2025
    • 2024
    • 2023
    • 2022
    • ANTERIORES
  • VÍDEOS
  • FOTOS
  • PUBLICACIÓNS
  • FAITE SOCIA
  • BOLETÍN
12 eventos found.

Navegación de busca e vistas de eventos

Navegación de vistas de Evento

  • List
  • Month
  • Day
Hoxe
  • Maio 2026

  • Dom 10
    Maio 10 @ 20:00 - 21:30

    O IESCHA ORGANIZA O CONCERTO “NA CASA DELAS”, POLO GRUPO “SON DE CORDA”. DOMINGO 10 DE MAIO DE 2026, ÁS 20:00 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. RESERVA DE LOCALIDADES EN ENTRADASVILALBA.ES

    Auditorio Municipal Rúa das Pedreiras, 5, Vilalba, Lugo, Spain

    O Instituto de Estudos Chairegos, co patrocinio e financiación da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o concerto “NA CASA DELAS”, a cargo do cuarteto vocal lucense SON DE CORDA, formado por: Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto), Fernando G. Jácome (tenor) e Antón Castro (baixo).  Neste acto participarán tamén Raúl […]

  • Xov 21
    Maio 21 @ 20:00 - 21:30

    PRESENTACIÓN DO LIBRO “SEMENTE DE MENCER. OBRA POÉTICA I. VOLUMES EDITADOS 1970-2006”, DE DARÍO XOHÁN CABANA, CON ALEXANDRA CABANA, CHEMA FELPETO E HENRIQUE ALVARELLOS. 21/05, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA

    Casa da Cultura Praza Suso Gayoso, 1, Vilalba, Lugo, Spain

    O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro “SEMENTE DE MENCER. Obra poética I. Volumes editados 1970-2006”, de DARÍO XOHÁN CABANA, con edición, estudo e notas de Anxo Angueira. Publicado por Alvarellos Editora, dentro da colección Rescate. O acto contará coa participación de Alexandra Cabana, […]

  • Ven 29
    Maio 29 @ 20:00 - 21:30

    PRESENTACIÓN DO LIBRO “BEGOÑA OU O PRACER DA AMIZADE. UNHA BIOGRAFÍA DE BEGOÑA CAAMAÑO”, DE BEATRIZ MACEDA. CON MARICA CAMPO. 29/05/26, ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

    Casa da Cultura Praza Suso Gayoso, 1, Vilalba, Lugo, Spain

    O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, dentro dos actos programados no mes das Letras Galegas, organiza o acto de presentación do libro “BEGOÑA OU O PRACER DA AMIZADE. Unha biografia de BEGOÑA CAAMAÑO”, de BEATRIZ MACEDA, publicado por EDICIÓNS XERAIS. A autora estará acompañada pola escritora MARICA CAMPO. O acto […]

  • Xuño 2026

  • Dom 14
    Xuño 14 @ 20:00 - 21:00

    CICLO MESTRE MATEO 2026. I SESIÓN DE CURTAMETRAXES ANIMACIÓN. DOMINGO 14 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE. RESERVA DE LOCALIDADE EN entradasvilalba.es

    Auditorio Municipal Rúa das Pedreiras, 5, Vilalba, Lugo, Spain

    O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, e coa financiación da ICAA-Ministerio de Cultura e a Axencia Galega das Industrias Culturais, organiza a 1ª SESIÓN DE CURTAS, coa proxección de 4 CURTAMETRAXES DE ANIMACIÓN: LUCUS, NUNO, O MESMO E O CORPO DE CRISTO (Curta […]

  • Ven 19
    Xuño 19 @ 20:00 - 21:30

    PRESENTACIÓN DO LIBRO “HOXE TOCA LEIVA?, DE LOIS PÉREZ. CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 19 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00, NA BIBLIOTECA MUNICIPAL “AGUSTÍN FERNANDEZ PAZ” DE VILALBA

    BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VILAÑBA , Spain

    O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, dentro dos actos programados para o mes de xuño, organiza a presentación do libro “HOXE TOCA LEIVA?, de LOIS PÉREZ, publicado por EDICIÓNS XERAIS. O autor estará acompañada pola presidenta do Iescha MARISA BARREIRO. O acto terá lugar o venres 19 de xuño de […]

  • Dom 21
    Xuño 21 @ 09:30 - 20:00

    ACTIVIDADE DO IESCHA: XI RUTA CULTURAL PERCORRENDO TERRAS OURENSÁNS DE OTERO PEDRAYO: OSEIRA E TRASALBA, CO ACOMPAÑAMENTO DE FELIPE SENÉN. SAÍDA O DOMINGO 21/06/2026, ÁS 9:30 H. INSCRICIÓNS ATA O 17 DE XUÑO

    OSEIRA OURENSE, Spain

    O IESCHA organiza a XI Ruta Cultural, percorrendo as terras ourensáns de Otero Pedrayo: OSEIRA e TRASALBA, prevista para o domingo 21 de xuño de 2026 e para a que contaremos co acompañamento de FELIPE SENÉN, arqueólogo e escritor.  PROGRAMA A saída de Vilalba, dende os arredores da Casa da Cultura, producirase ás 9:30 horas. Pola mañá: Visita ao Mosteiro de Oseira Visita […]

  • Xov 25
    Xuño 25 @ 20:00 - 21:30

    CINEFORUM “ECLIPSES NO CINEMA”, A CARGO DE MARTIN PAWLEY, CON MARISA BARREIRO. XOVES 25 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00. ORGANIZA IESCHA. COLABORA CONCELLO DE VILALBA. CASA DA CULTURA. ENTRADA DE BALDE

    Casa da Cultura Praza Suso Gayoso, 1, Vilalba, Lugo, Spain

    O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba, unha actividade divulgativa arredor da relación entre a astronomía e a sétima arte, que contará coa participación de MARTIN PAWLEY, crítico e programador de cinema, divulgador cultural e coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación luminosa e diversidade da Agrupación Astronómica Coruñesa […]

  • Ven 26
    Xuño 26 @ 20:00 - 21:30

    PALESTRA “MEMORIA DEMOCRÁTICA” A CARGO DE XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 26 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00H. CASA DA CULTURA DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE

    Casa da Cultura Praza Suso Gayoso, 1, Vilalba, Lugo, Spain

    O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba, a palestra sobre MEMORIA DEMOCRÁTICA, impartida por XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, que estará acompañado pola presidenta do Iescha, MARISA BARREIRO. O acto terá lugar o venres 26 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ […]

  • Sáb 27
    Xuño 27 @ 20:00 - 21:30

    TRADIGALU 2026 (PROGRAMA DA ÁREA DE CULTURA–VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN DE LUGO) CONCERTO MUSICA TRADICIONAL A CARGO DO GRUPO OS VALUROS DE CASTRO DE REI SÁBADO 27 DE XUÑO DE 2026 AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

    Auditorio Municipal Rúa das Pedreiras, 5, Vilalba, Lugo, Spain

    O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do presente mes de xuño, organiza, coa colaboración co Concello de Vilalba un concerto de música tradicional a cargo do grupo OS VALUROS de Castro de Rei, dentro do Programa TRADIGALU convocado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo para o presente […]

  • Xullo 2026

  • Xov 2
    Xullo 2 @ 20:00 - 21:30

    ACTO DO IESCHA. PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “MARY QUINTERO. MÁIS DE 90 ANOS DE CREATIVIDADE”, DE MARÍA OJEA. XOVES 2 DE XULLO DE 2026. ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

    Casa da Cultura Praza Suso Gayoso, 1, Vilalba, Lugo, Spain

    O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa colaboración da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Vilalba, a proxección do documental MARY QUINTERO, MÁIS DE 90 ANOS DECREATIVIDADE, de MARÍA OJEA. O acto terá lugar o xoves 2 de xullo de 2026, ás 20:00 horas,na Casa da Cultura de Vilalba. […]

  • Ven 3
    Xullo 3 @ 20:00 - 21:30

    CICLO MESTRE MATEO 2026. II SESIÓN DE CURTAMETRAXES – IMAXE REAL. VENRES 3 DE XULLO DE 2026, ÁS 20:00, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE. RESERVA DE LOCALIDADE EN ENTRADASVILALBA.ES

    Auditorio Municipal Rúa das Pedreiras, 5, Vilalba, Lugo, Spain
  • Dom 5
    Xullo 5 @ 08:30 - 21:00

    O IESCHA ORGANIZA A XIV RUTA POR GALICIA ADIANTE. ANDANDO AS TERRAS DE VIVEIRO. DOMINGO 5 DE XULLO DE 2026. SAÍDA ÁS 8:30 DENDE OS ARREDORES DA CASA DA CULTURA DE VILALBA

    VIVEIRO LUGO, Spain

    O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do ano 2026, organiza a XIV Ruta Por Galicia adiante - Andando as Terras de… VIVEIRO. A saída do autobús realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 8:30 horas do domingo 5 de xullo de 2026. Nesta ocasión, contaremos […]

  • Anterior eventos
  • Hoxe
  • Seguinte eventos
  • Google Calendar
  • iCalendar
  • Outlook 365
  • Outlook Live
  • Export .ics file
  • Exportar arquivo .ics de Outlook

Politica de privacidade
Política de cookies

WordPress Theme - Total por HashThemes
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad