Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

O IESCHA ORGANIZA A XIV RUTA POR GALICIA ADIANTE. ANDANDO AS TERRAS DE VIVEIRO. DOMINGO 5 DE XULLO DE 2026. SAÍDA ÁS 8:30 DENDE OS ARREDORES DA CASA DA CULTURA DE VILALBA

Xullo 5 @ 08:30 - 21:00

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do ano 2026, organiza a XIV Ruta Por Galicia adiante – Andando as Terras de… VIVEIRO.

A saída do autobús realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 8:30 horas do domingo 5 de xullo de 2026.

Nesta ocasión, contaremos co  acompañamento de NOELA FEAL, guía oficial de Tirismo e artesá, e xirará en torno ao seguinte

Programa de referencia:

08:30h.- Saída de Vilalba hacia Candaoso (Boimente-Viveiro).

09:50h.- Chegada ao Curro de Candaoso, para presenciar a baixada dos animais que participarán na tradicional RAPA DAS BESTAS DO CURRO DE CANDAOSO.

11:45h.- Saída hacia Viveiro, para facer un percorrido panorámico en autobús por COVAS e CELEIRO.

12:30h.- Percorrido a pé polo casco vello de CELEIRO

13:00h.- Tempo libre por CELEIRO (paseo, praia, peirao vello e zona de viños)

14:15h.- Subida en autocar hacia o Monte San Roque, con tempo para disfrutar das vistas dende o miradoiro.

15:30h.- Hora prevista do xantar na Parrillada San Roque: Monte de San Roque (609 282 704)

Menú: empanada, churrasco, tarta xeada, viño, agua e café

17:30h.- Regreso a VIVEIRO para realizar visita comentada polo casco histórico.

19:00h.- Tempo libre por Viveiro.

20:00h.- Fin da visita e regreso a Vilalba.

O custo por participante (inclúe comida, guía e autobús), fixouse en 35 € para SOCI@S, e 40 € para NON SOCI@S.

As persoas interesadas en participar na Ruta poderán inscribirse, como máximo ata o mércores 1 de xullo de 2026, enviando unha mensaxe á conta de correo do IESCHA, estudoschairegos@gmail.com. Tamén poden facelo chamando aos teléfonos: 686-451501 // 651-361628, ou comunicalo directamente a calquera membro da Xunta Directiva. (Recoméndase indicar calquera circunstancia que haxa que ter en conta durante a xornada).

Detalles

  • Data: Xullo 5
  • Hora:
    08:30 - 21:00

Recinto