- This event has passed.
PRESENTACIÓN CATRO LIBROS DE PAULO NASEIRO, MARIO PAZ GONZÁLEZ, MONCHO PAZ, AAVV A PARTIR DUNHA ESCOLMA DE ARTIGOS PUBLICADOS NA WEB AVOZDEVILALBA.GAL
05/05/2023 @ 20:00 - 21:30
O vindeiro venres 5 de maio o Instituto de Estudos Chairegos presentará catro libros da súa colección Biblioteca Chairega que escolman moitos dos artigos publicados na web avozdevilalba.gal polos tres autores da mesma e por unha trintena de colaboradores ao longo dos seus quince anos de vida que agora, en 2023, rematan, precisamente cando se cumpren corenta anos do nacemento do xornal A Voz de Vilalba en papel.
Os libros son:
Baixo a Pravia
Autor: Paulo Naseiro
Limiar: María Xosé Lamas
Ilustración portada: Baldo Ramos
Nº da colección: 31
Como rematar cos libros dunha vez por todas
Autor: Mario Paz González
Limiar: Helena Villar Janeiro
Ilustración portada: Baldo Ramos
Nº da colección: 32
Pílulas de vendimario
Autor: Moncho Paz
Abecedario: Pilar Maseda e Iria F. Crespo
Obituario: Miguel Barrera
Ilustración portada: Baldo Ramos
Nº da colección: 33
Outras voces
Autor: Autores varios
Limiar: Marisa Barreiro
Ilustración portada: Baldo Ramos
Nº da colección: 34
O acto contará coa intervención de BARUK DOMÍNGUEZ e MARISA BARREIRO e terá lugar na CASA DA CULTURA DE VILALBA, o venres 5 de maio de 2023, ás 20:00 horas.
ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO