Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “AS ALDEAS DA MEMORIA” DE BALDO RAMOS – O DOMINGO 7 DE MAIO DE 2023, ÁS 19:00 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

07/05/2023 @ 19:00 - 20:30

O Instituto de Estudos Chairegos organiza, o acto de presentación do libro AS ALDEAS DA MEMORIA, de Baldo Ramos, patrocinado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

No evento xuntaranse varias ramas da arte, grazas á presenza do poeta Baldo Ramos, o fotógrafo Nachok e o músico Mano Panforreteiro, que a través da música, a fotografía e a literatura, propoñen aos asis-tentes unha iniciativa diferente.

O acto terá lugar o domingo 7 de maio de 2023, ás 19:00 horas, na CASA DA CULTURA DE VILALBA.

As aldeas dá memoria é un libro de poemas de Baldo Ramos e fotografias de Nachok a xeito de «un ensaio artístico visual e literario que pon de manifesto a silandeira, contínua e inexorable condena que sofren as nosas aldeas, vistas desde a palabra e imaxe conxugadas co impulso do recordo», segundo sinalan desde Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organismo que edita o libro.

En palabras do escultor Daniel Caxigueiro, que escribe o prólogo “As aldeas da memoria e froito do diálogo entre Baldo Ramos e Nachock. A reflexión e o coñecemento da nosa realidade son o punto de encontro, o lugar no que as duas disciplinas abren as portas a un universo creativo alleo. Nesta ocasión, o visual e o literario teñen suficiente interese e pouso como para que os límites da observación e da memoria gocen da interferencia xusta entre o verbal e o visual. Baldo Ramos e Nachok pretenden dar unha visión contemporánea da nosa historia recente, poñendo en valor todo o que o tempo foi desbotando, os espazos que na memoria e nos lugares queda desa Galiza esvaecida por un contexto social que tolerou a decadencia e abandono dun sistema de valores, dunha forma de vida que se nega a marchar de todo”.

__________________________
Baldomero Fernández Ramos, BALDO RAMOS, nado en  Celanova  o  1 de xaneiro  de  1971, é un poeta e artista plástico galego. Cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Remata a carreira de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compos-tela no 1994, na que tamén cursa o Doutoramento en Literatura Española e Hispanoamericana.

Traballou como docente no instituto de Valga e despois no IES de Sar en Santiago de Compostela impartindo clases de lingua castelá e literatura.

Comezou a pintar no ano 1993 pola necesidade de establecer pontes entre a escrita e a plástica, expoñendo por primeira vez no ano 1994 en  Santiago de Compostela. Ten colaborado como poeta e ensaísta en diferentes iniciativas editoriais como Grial, Anuario de Estudios Galegos, Ólisbos, Casa da Gramática, Río Arga, Luces y sombras ou Dorna; e como ilustrador de obras literarias para Follas Novas Edicións,  Centro Ramón Piñeiro,  Espiral Maior, Dorna, Boletín Galego de Literatura, Faktoría K ou  Kalandraka, así como o libro “Mongólia: umha entidade estatal rugosóide” de  Ígor Lugrís.

A súa poesía é pouco xenerosa verbalmente, pero non así en canto ao rango de emocións profundas que expresa. Pertence á líña emerxente de autores mozos que, a través do seu intenso labor, renovaron a poesía galega. É autor de máis de douscentos libros de artista de exemplar único.

Detalles

Data:
07/05/2023
Hora:
19:00 - 20:30

Recinto

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad