Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “MEMORIAS DUN PORCO TEIXO”, DE XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA. PRESENTA: MARISA BARREIRO. VENRES 8-05-26, 20:00, CASA DA CULTURA DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE.

Maio 8 @ 20:00 - 21:30

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro MEMORIAS DUN PORCO TEIXO, de XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA, publicado na Editorial TRIS TRAM.

A presentación correrá a cargo de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha

O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.

MOMORIAS DUN PORCO TEIXO

“O libro, publicado por Tris Tram, comprende 19 relatos que exploran a condición humana desde diferentes perspectivas. Ao longo das súas páxinas, o autor afonda en temas como as dificultades, a perda, o amor e a dor, mantendo sempre o seu característico enxeño seco. Estes relatos, que xurdiron nun caderno onde o autor rexistrou as súas experiencias, mesturan a tradición oral coa ficción arraigada na realidade. O volume tamén conta coa obra visual de Leandro Lamas, cuxas ilustracións complementan a narrativa.”
(de https://www.planomato.com/es/lugo/p/presentacion-libro-memorias-dun-porco-teixo-lugo)

Detalles

  • Data: Maio 8
  • Hora:
    20:00 - 21:30

Recinto

  • Casa da Cultura
  • Praza Suso Gayoso, 1
    Vilalba, Lugo 27800 Spain
    + Google Map