Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “RELATOS DE CASCARILLA. DOCE CONTOS DE XENTE DA CORUÑA” DE CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO. VENRES 9 DE XUÑO, 20:30-CASA DA CULTURA DE VILALBA

09/06/2023 @ 20:30 - 22:00

O venres 9 de xuño de 2023, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, oInstituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza unha nova actividade: a presentación do libro “RELATOS DE CASCARILLA. DOCE CONTOS DE XENTE DA CORUÑA”, de CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO, e editado polo Grupo BEROLY.
No acto intervirán RAMÓN GUNTÍN, vice-presidente da Banda de Música de Vilalba; BEATRIZ MACEDA, escritora; LAURA VELEIRO, ilustradora do libro; BERNABÉ SIMES e JOSÉ M. YÁÑEZ, do Grupo BEROLY, e CÉSAR CONCHEIRO, músico e autor do libro. Presentará o acto, MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha.
Relatos de Cascarilla achéganos ás vidas de distintas persoas que comparten como escenario a cidade da Coruña.
No transcurso dos relatos acompañaremos aos protagonistas por ledicias e tristuras, por amores ou soidades, por tempos pasados e tempos por vir, e veremos como teñen en común algo máis que un lugar ou un tempo.
A necesidade de comprensión, agarimo e amizade ábrese paso encarnada nas persoas que desfilan ante nós, amosándose aos nosos ollos e ao noso entendemento como seres fráxiles, resistentes, efémeros e todos eles importantes.
CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO Dedicado profesionalmente á música como intérprete e profesor, nos últimos tempos a súa creatividade manifestouse tamén na escritura, materializándose en textos de sinxelas formas mais con fondos contrapuntos.

ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO

Detalles

Data:
09/06/2023
Hora:
20:30 - 22:00

Recinto

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad