Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “UNHA NOVA OLANDA”, DE ANTÓN BAAMONDE-28 DE OUTUBRO-20:30 HORAS-CASA CULTURA

28/10/2022 @ 20:30 - 21:30

PRESENTACIÓN do LIBRO
“UNHA NOVA OLANDA.
De Ferrol ao Porto: As cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global”
ANTÓN BAAMONDE
Venres 28 de outubro de 2022  – 20:30
CASA DA CULTURA DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza o acto de presentación do libro, editado por GALAXIA “UNHA NOVA OLANDA. De Ferrol ao Porto: As cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global”, do que é autor ANTÓN BAAMONDE.
O acto terá lugar o venres, 28 de outubro de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA.                                      

UNHA NOVA OLANDA, de Antón Baamonde
Un riguroso ensaio de xeografía humana, que polo seu interese xeral, terá axiña versión internacional, posto que trata un feito que o nacionalismo galego tradicionalmente desconsidera. Galicia é policéntrica: está integrada por cidades cada unha cunha identidade. Mas non só: no seu espazo natural, formado por 6,5 millóns de habitan-tes, unha vez que a UE disolveu as fronteiras políticas, imponse a xeografía, a física e a humana: unha unidade de mercado con continuidades culturais e sociais. (…) (https://www.igadi.gal/web/analiseopinion/unha-nova-olanda (parte da recensión de Xosé Carlos Morell)

 

Detalles

Data:
28/10/2022
Hora:
20:30 - 21:30

Recinto

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad