Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

PRESENTACIÓN DO POEMARIO “MAPA.GAL”, DE EVA TEIXEIRO. VENRES 14 DE XUÑO DE 2024, ÁS 20:00 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA. PARTICIPAN: EVA TEIXEIRO, SABELA SEOANE E MARISA BARREIRO

Xuño 14 @ 20:00 - 21:30

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS organiza o venres 14 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a presentación do poemario “MAPA.GAL”, da profesora e escritora lucense EVA TEIXEIRO, quen sobre o libro comenta que supón “unha aposta pola palabra, esa matria que habita o silencio, mentres a música da choiva envolve a chaira”.

O acto contará coa presenza da propia autora, Eva Teixeiro, que estará acompañada por Marisa Barreiro e Sabela Seoane.

Entrada libre ata completar aforo.

EVA TEIXEIRO (Autobiografía-AELG)

Nacín en Lugo, con cerna chairega, a mediados dos 70; as rúas da Milagrosa e o vento da chaira aleitáronme. Dende que teño memoria, agatuñei sobre os papeis, enchéndoos de palabras e debuxos.
‘Olvidaríase do pano para limpar os mocos, pero levaba sempre algo para escribir e para ler’, di con moita chufa miña mai, aínda hoxe. Meu pai rubricaba o conto cun sorriso.
Sigo na mesma -tamén mocosa-, abondas décadas despois.
O que nos enche a diario, fainos medrar.
Agora son docente con alma de proxelecta.
No meu carro xúnguense a escrita e a imaxe, xaora, máis outras achegas das que son herdeira.
Enléome con facilidade en propostas artísticas e culturais. Dinme por iso ”activista’, ‘dinamizadora’… Argalleira con grandes compañeir@s, diría eu.
Fágolle as beiras ao mundo das letras dun xeito case minimalista. Estou certa de que os espazos gañan ao seren compartidos, non invadidos.
Publiquei máis na rede que no papel, non foi á mantenta. Son por iso, unha ‘case inédita’.
Percorro o mundo da ficción tecendo ás escuras as máis das veces, como moitas devanceiras. De dúas da miña liñaxe collo o nome de cando en vez.
Atopo a liberdade nos formatos curtos.
Se non lese e escribise, afogaría.

Detalles

Data:
Xuño 14
Hora:
20:00 - 21:30

Recinto

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad