Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE “AS BESTAS”, DE RODRIGO SOROGOYEN. DOMINGO 18 DE XUÑO DE 2023, ÁS 19:00 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

18/06/2023 @ 19:00 - 21:45

O domingo 18 de xuño de 2023, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración con Concello de Vilalba, organiza unha nova proxección de cine galego coa longametraxe AS BESTAS, do director RODRIGO SOROGOYEN. Nesta ocasión, para poder presenciar a película haberá que facer a reserva online na páxina https://entradasvilalba.es e, ademais, de xeito excepcional (ao igual que acontecera con Matria), aboar a cantidade de 3,50 € (cantidade que vai destinada á distribuidora do film). Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio.

SINOPSE:
Antoine e Olga son unha parella francesa que se instalou fai un tempo nunha vila do interior de Galicia. Alí levan unha vida tranquila, aínda que a súa convivencia cos veciños non é tan idílica como desexarían. Un conflito cos seus veciños, os irmáns Anta, fará que a tensión medre na vila ata chegar a un punto de non retorno.

FICHA TÉCNICA
DIRECCIÓN: Rodrigo Sorogoyen
REPARTO: Marina Foïs, Denis Ménochet, Luis Zahera, iego Anido, Marie Colomb, Luisa Merelas, José Manuel Fernández y Blanco, Xavier Estévez, Gonzalo García e Federico Pérez Rey  DURACIÓN: 137′  IDIOMA: Castelán, Galego e Francés  XÉNERO: Thriller – Drama – Rural  PAÍS: Galicia, España e Francia  IDADE: 12+  ANO: 2022

RECOÑECEMENTOS:
Conta con 39 premios e 34 nomeamentos.
Premios Goya: 9 premios e 8 nomeamentos máis. Entre os premios están Mellor Película, Mellor Dirección, Mellor Actor (Denis Ménochet), Mellor Actor de Reparto (Luis Zahera), Mellor Montaxe, Mellor Son…
Premios César: Mellor Película Estranxeira
Festival de Cine Almería Western: Mellor Actor (Luis Zahera), Mellor Actriz (Marina Foïs) e Mellor Fotografía
Festival Internacional de Cine de Chicago: Mellor Casting
Premios CEC: 9 premios entre os que están Mellor Película, Mellor Dirección, Mellor Guión Orixinal, Mellor Actriz (Marina Foïs), Mellor Actor (Denis Ménochet)…
Premios Días de Cine: Mellor Actor Español (Luis Zahera) e Mellor Película Española
Premios Feroz: Mellor Filme, Mellor Actor de Reparto (Luis Zahera) e Mellor Guión Orixinal
Premios Lumiere: Mellor Coprodución Internacional
Festival Internacional de Cine de San Sebastián: Mellor Película Europea
Premios Sant Jordi: Mellor Película Española e Mellor Actor en Película Española (Luis Zahera)

Detalles

Data:
18/06/2023
Hora:
19:00 - 21:45

Recinto

Auditorio Municipal
Rúa das Pedreiras, 5
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad