Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE “MATRIA”, DIRIXIDA POR ÁLVARO GAGO, O SÁBADO 27 DE MAIO DE 2023, ÁS 20:00 HORAS NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

27/05/2023 @ 20:00 - 21:30

O sábado 27 de maio de 2023, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración con Concello de Vilalba, organiza unha nova proxección de cine galego coa longametraxe MATRIA, do director ÁLVARO GAGO. Estará presente na proxección a actriz protagonista da película, MARÍA VÁZQUEZ.

Nesta ocasión, para poder presenciar a película haberá que facer a reserva online na páxina https://entradasvilalba.es e, ademais, de xeito excepcional, aboar a cantidade de 3,50 € (cantidade que vai destinada á distribuidora do film). Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio.

SINOPSE:
Ramona, unha muller de corenta anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredecible. Un día crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir. Sempre sacrificándoo todo polo futuro da súa filla Estrella, verase empurrada a mirar cara adentro e a pensar que, tal vez, exista algo novo polo que vivir.

RECOÑECEMENTOS:
Preestrea no Festival de Berlín (Sección Panorama)
Festival de Málaga: Biznaga de Prata á Mellor Actriz   (María Vázquez) e Premio ASECAN Ópera Prima da Sección Oficial de Longametraxes.

FICHA TÉCNICA

DIRECCIÓN: Álvaro Gago

REPARTO: María Vázquez, Soraya Luaces, Santi Prego, Susana Sampedro e Tatán
DURACIÓN: 93′
IDIOMA: Galego
PAÍS: Galicia, España
ANO: 2023
XÉNERO: Drama – Rural
IDADE: 12+

Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero

Detalles

Data:
27/05/2023
Hora:
20:00 - 21:30

Recinto

Auditorio Municipal
Rúa das Pedreiras, 5
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad