Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

PROXECCIÓN DA PELÍCULA “CÓDIGO EMPERADOR”, DE JORGE COIRA. CICLO PREMIOS MESTRE MATEO 2023. SÁBADO 24 DE XUÑO, ÁS 20:00 NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

24/06/2023 @ 20:00 - 21:30

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película CÓDIGO EMPERADOR, de JORGE COIRA, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta segunda proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o SÁBADO 24 DE XUÑO DE 2023, ás 20:00 horas.

SINOPSE
Juan traballa para os servizos secretos; co fin de ter acceso ao chalet dunha parella implicada no tráfico de armas achégase a Wendy, a asistenta filipina que vive na casa e establece con ela unha relación cada vez máis complexa. En paralelo, Juan realiza outros traballos “non oficiais” para protexer os intereses das élites máis poderosas do país, que agora puxeron a vista en Ángel González, un político aparentemente anodino cuxos trapos sucios deberá buscar ou “inventar” coa axuda de Marta, a filla dun recoñecido actor. 

FICHA TÉCNICA: 

Dirección: Jorge Coira
Guión: Jorge Guerricaechevarría
Reparto:Luis Tosar, Alexandra Masangkay, Georgina Amorós, Denis Gómez, Miguel Rellán, Laura Domínguez, María Botto, Fran Lareu, Arón Piper, Juan Carlos Vellido, Santi Prego
Música orixinal: Xavi Font, Elba Fernández
Dirección de fotografía: Pablo Rosso (AEC)
Dirección de arte: Marta Blasco
Vestiario: María Porto Maquillaxe: Susana Veira Perruquería: Beatriz Antelo Son: Carlos Mouriño, Diego Staub, Yasmina Praderas Montaxe: Sandra Sánchez
Dirección de produción: María Liaño
Produción executiva: Emma Lustres
Producida por: Emma Lustres, Borja Pena

CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
Finalista: Mellor longametraxe / Finalista: Mellor dirección / Finalista: Mellor dirección de produción
Finalista: Mellor interpretación masculina de reparto / Finalista Mellor interpretación masculina protagonista Finalista: Mellor maquillaxe e perruquería / Finalista: Mellor montaxe Finalista: Mellor música orixinal Finalista: Mellor son

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO

Detalles

Data:
24/06/2023
Hora:
20:00 - 21:30

Recinto

Auditorio Municipal
Rúa das Pedreiras, 5
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad