
- Este evento pasou.
PROXECCIÓN DA PELÍCULA “TRES” DE JUANJO GIMÉNEZ, GAÑADORA DO PREMIO MESTRE MATEO 2022 – 19/11/22, ÁS 20:00 AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA
19/11/2022 @ 20:00 - 21:30

CICLO MESTRE MATEO PROXECCIÓN DE “TRES” de JUANJO GIMÉNEZ
MELLOR LONGAMETRAXE NOS PREMIOS MESTRE MATEO’22
SÁBADO 19 DE NOVEMBRO DE 2022 – 20:00 horas
NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, tócalle o turno á película “TRES”, dirixida por Juanjo Giménez, e que resultou ser a longametraxe gañadora desta edición.
A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 19 de novembro de 2022, ás 20:00 horas.
SINOPSE:
- (39) é deseñadora de son. Goza co seu traballo. Pasa moitas horas soa, gravando efectos sala, wild-tracks, editando, mesturando. O estudo é o seu último refuxio: un lugar onde postergar as avariadas relacións que mantén coa súa exparella, coa súa anciá nai e cos seus compañeiros de traballo. Aínda que ela non o sabe, C. esta comezando a desincronizarse. Coma se fose unha película mal sonorizada, o seu cerebro comezou a procesar o son máis tarde que as imaxes.
PALMARÉS XX PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor longametraxe ● Mellor interpretación feminina protagonista ● Mellor son
FICHA TÉCNICA:
- Duración: 104’
- Produtora: Tres La Película Frida Nadir AIE, Frida Films, M-Films e Manny Films
- Dirección: Juanjo Giménez
- Dirección de arte: Antonio Pereira
- Dirección de fotografía: Javier Aprontes
- Dirección de produción: Miriam Devesa
- Guión: Juanjo Giménez, Pere Altimira
- Reparto: Marta Nieto, Miki Esparbé, Francisco Reyes, Luisa Merelas, Cristina Iglesias, Fran Lareu, Julius Cotter, Carmen Méndez
- Maquillaxe: Susana Veira
- Perruquería: Beatriz Antelo
- Montaxe: Cristóbal Fernández
- Música orixinal: Domas Strupinskas
- Son: Daniel Fontrodona, Oriol Tarragó, Marc Bech, Marc Orts
- Vestiario: Aránzazu Domínguez
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO BEN DIRECTAMENTE NO AUDITORIO O MESMO DÍA DA PROXECCIÓN