Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “SANTOALLA” DE ANDREW BECKER E DANIEL MERHER – NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA – SÁBADO 11 DE FEBREIRO DE 2023- 20:00

11/02/2023 @ 20:00 - 21:30

O sábado 11 de febreiro de 2023, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do Concello de Vilalba, proxecta o documental SANTOALLA, de Andrew Becker e Daniel Merher. Estará presente na proxección a produtora do documental, CRISTINA DE LA TORRE, quen explicará detalles do mesmo.

Produción

A actualidade imponse ó guión

Santoalla é un filme independiente realizado polos directores estadounidenses Andrew Becker e Daniel Mehrer. Xunto a eles estivo Cristina de la Torre, xornalista e produtora galega, formando un equipo pequeno e discreto, tal e como requería unha rodaxe que comezou tratando unha desaparición e que rematou sendo a crónica dun crime resolto practicamente ante as cámaras.

Foi rodado entre os anos 2013 e 2015 cun acceso directo ós protagonistas da historia e vivindo dende dentro as circunstancias que levaron ó esclarecemento do coñecido como o caso do holandés de Petín. Por iso, e aínda que contabamos con máis entrevistas para a documentación, na montaxe final tan so aparecen as dúas familias enfrentadas, os Rodríguez e os Verfordern.

O arquivo persoal de Martin e as súas aparicións en prensa, permiten amosar o deterioro progresivo na súa relación cos veciños. Esta documentación no relato, así como a atmósfera que retrata do rural galego, motivou que o fiscal solicitara o documental para incorporalo ó xuízo polo crime de Santoalla.

SIPNOSE

Unha historia real rodada en Galicia

Margo e Martin Verfordern deixaron Ámsterdam para buscar un paraíso onde vivir na natureza e construir o seu futuro. Tras viaxar durante anos por Europa, chegan a Santoalla, unha aldea aillada en Petín de Valdeorras e onde vive soa a familia dos Rodríguez. A parella de holandeses deciden que alí estaría o seu fogar. A convivencia cos veciños, que comezara ben, logo tornou conflitiva co monte comunal no epicentro das súas diferencias. No 2010 Martin desaparece e durante anos, Margo mantén viva a busca convencida de que seu home non marchara por vontade propia e que os seus veciños son responsables do destino de Martin. Un achádego casual traerá as respostas que buscaba.


SANTOALLA

EEUU, 2016

What Delicate Pictures LTD

Dirección: Andrew Becker e Daniel Merher

Produción: Cristina de la Torre

VO Inglés e galego / Subtítulos en castelán

80 minutos

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO BEN DIRECTAMENTE NO AUDITORIO MUNICIPAL O MESMO DÍA DA PROXECCIÓN.

Detalles

Data:
11/02/2023
Hora:
20:00 - 21:30

Recinto

Auditorio Municipal
Rúa das Pedreiras, 5
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad